contribuír

contribuír

lat contribuĕre

  1. v i

    Participar de forma voluntaria en algo, xeralmente cunha cantidade de diñeiro.

  2. v i

    Ser ou formar parte das causas dun suceso ou resultado.

  3. v i

    Pagar a cota correspondente dos impostos.

Confrontacións

colaborar, cooperar

Citas

  • Na declaración da renda figura o que contribuímos cada ano
  • O elevado tránsito de camións contribúe á deterioración da estrada
  • Todos os veciños contribuíron economicamente á reconstrucción do pavillón, Coas súas palabras contribuíu a calmar os ánimos
Conxugar
VERBO contribuír
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribúo
contribúes
contribúe
contribuímos
contribuídes
contribúen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribuía
contribuías
contribuía
contribuïamos
contribuïades
contribuían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribuín
contribuíches
contribuíu
contribuímos
contribuístes
contribuíron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribuíra
contribuíras
contribuíra
contribuiramos
contribuirades
contribuíran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribuirei
contribuirás
contribuirá
contribuiremos
contribuiredes
contribuirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribuiría
contribuirías
contribuiría
contribuiriamos
contribuiriades
contribuirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribúa
contribúas
contribúa
contribuamos
contribuades
contribúan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribuíse
contribuíses
contribuíse
contribuisemos
contribuisedes
contribuísen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribuír
contribuíres
contribuír
contribuírmos
contribuírdes
contribuíren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
contribúe
-
-
contribuíde
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contribuír
contribuíres
contribuír
contribuírmos
contribuírdes
contribuíren
Xerundio contribuíndo
Participio contribuído
contribuída
contribuídos
contribuídas