coordinación

coordinación

lat coordinatĭōne

Plural: coordinacións
  1. s f

    Acción e efecto de coordinar.

  2. s f [LING ]

    Construción que se obtén ao unir, de forma concatenada, dous ou máis elementos dun mesmo nivel gramatical.

    1. s

      Formación dun enlace químico entre un elemento, un ión ou un composto de natureza electrófila e un ión ou molécula nucleófila.

    2. número de coordinación/índice de coordinación

      Nun composto de coordinación, número de átomos ou de grupos de átomos que se enlazan directamente co átomo central do composto.

  3. s f [FISIOL ]

    Proceso de integración da información sensorial recibida para producir unha resposta axeitada, controlado polo cerebelo.

  4. coordinación administrativa [DER ]

    Principio xeral de relación entre os órganos da administración pública que non están relacionados xerarquicamente entre si, para conseguir unha actuación conxunta harmónica.

  5. coordinación xeral [DER ]

    Función reservada para o estado, en relación con algunhas materias sobre as que a constitución e os estatutos establecen o reparto de competencias entre este e as comunidades autónomas.

Citas

  • Chegou, comeu, durmiu, Unha auga clara, limpa, brillante, Uns veñen, outros van), O segundo caso distingue varios tipos de coordinación: copulativa ( María foi ao Bierzo e Froilán non sei ónde está, O libro está ben e gocei coa súa lectura, Homes e mais mulleres xuntáronse na praza); adversativa ( Tomei o café, pero non quixen o bolo, Non é un amigo, senón un aproveitado); disxuntiva ( Non hai luz ou fundiuse a lámpada); e distributiva ( Ou saes ou entras, Ora di que vai ora di que non)
  • Realiza un importante labor de coordinación dentro do equipo