control

control

fr contrôle ‘verificación’

Plural: controis
  1. s m
    1. Acción de comprobar exhaustivamente ou verificar algunha cousa.

    2. [EDUC ]

      Exercicio que se realiza para seguir a evolución dos coñecementos dun alumno.

  2. s m
    1. Limitación da liberdade ou dominio sobre unha acción ou un fenómeno.

    2. Capacidade de levar a cabo este dominio.

  3. s m

    Dispositivo para manexar algunha cousa.

  4. s m
    1. Oficina na que se fai a verificación e a comprobación dalgunha cousa.

    2. Posto do exército, da policía ou doutro órgano oficial que realiza unha operación de vixilancia.

    1. s

      Conxunto de operacións orientadas a supervisar o estado dun sistema para poder xerar as accións de mando necesarias.

    2. control dixital

      Control en tempo real de sistemas dinámicos no que o controlador ou corrector está instrumentado por medio dun ordenador.

    3. control numérico

      Tipo de control que dá as instrucións segundo un código numérico rexistrado nunha cinta perforada ou nun disco magnético.

    4. teoría de control

      Rama da teoría de sistemas que trata do xeito de conseguir o cambio de comportamento dun sistema por medio de accións externas.

  5. s m [INFORM ]

    Tecla que se acostuma utilizar en solitario ou en combinación con outras para facer que un ordenador execute determinadas ordes.

  6. control biolóxico [ECOL ]

    loita biolóxica.

  7. control de calidade [IND ]

    Conxunto de operacións de verificación ás que se someten algunhas mostras dunha produción industrial.

  8. control de cambio [ECON ]

    Método, adoptado regularmente no campo monetario, para influír na balanza de pagamentos. Consiste en limitar a convertibilidade da moeda nacional por divisas.

  9. control de poboación [ECOL ]

    Conxunto de accións dirixidas a producir cambios na traxectoria natural dunha poboación animal.

  10. control de xestión [ECON ]

    Sistema de análise sistemática e continua dos resultados empresariais, para determinar as posibles desviacións respecto dos obxectivos establecidos e modificar a súa xestión para poder mellorar os resultados.

  11. control integrado [ECOL ]

    loita integrada.

  12. control social [SOCIOL ]

    Regulación da conduta dos membros dun grupo social mediante o establecemento duns valores ideolóxicos e dunhas pautas de comportamento.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

dirección, dominación, exame, inspección

Citas

  • A Unión Europea realiza un control exhaustivo dos seus productos en base ás normas ISO
  • Activaron a bomba por medio dun control remoto, Fallaron os controis da aeronave e caeu ao mar
  • Detiveron os terroristas no control que estableceu a Garda Civil
  • Non é quen de levar o control das contas da empresa
  • Os accionistas maioritarios teñen o control absoluto da empresa, Moitos países pobres comezaron a preocuparse polo control da natalidade
  • Pasa antes polo posto de control para que che selen a autorización
  • Todos os alumnos aprobaron os controis da primeira avaliación