"Constant" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 170.

    1. Maneira de ser, de estar ou de atoparse nun momento dado, alguén ou algo.

      1. Maneira de ser, de presentarse ou de existir un sistema material. O estado dun sistema defínese por un número determinado de magnitudes físicas expresables cuantitativamente, chamadas variables ou funcións de estado.

      2. Expresión analítica implícita que relaciona as propiedades físicas, a presión, o volume específico e o tempo.

      3. Estado dun sistema material segundo o grao de cohesión das moléculas que o forman. Segundo o estado de agregación, un sistema material pódese presentar en forma sólida, líquida e gasosa.

      1. Período dunha enfermidade no que os síntomas permanecen aproximadamente iguais.

      2. Estado caracterizado pola perda transitoria da consciencia e o mantemento da capacidade para efectuar involuntariamente accións que logo non se lembran.

      1. Entidade estable e permanente de carácter soberano, asentada sobre un territorio delimitado, habitada por unha determinada poboación e dotada dun poder político e xurídico institucionalizado. De acordo coa súa estrutura o estado unitario concentra nun único goberno central todas as competencias, que afectan por igual a todo o territorio; o federal recoñece o gozo de competencias de modo exclusivo a certas entidades dentro do propio Estado que dispoñen de atribucións lexislativas, executivas e xudiciais propias. Pola forma de goberno, distínguense a monarquía e a república e os réximes parlamentarios e presidencialistas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fío para tecer.

      1. Órgano fértil do androceo dos espermatófitos que, tipicamente, nas anxiospermas está constituído por un filamento e unha antera.

      2. Estames que se presentan sempre en número constante que non excede de vinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica que naceu a finais do s IV a C e que pretendeu a chegada ao exercicio constante da virtude a través da autosuficiencia, da aceptación con serenidade do destino e da loita contra as paixóns que producen intranquilidade.

    2. alor ou coraxe para soportar as desgrazas e as adversidades con indiferenza ou conformidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición das partes ou dos órganos dun ente, substancia ou corpo.

    2. Conxunto de elementos resistentes dunha edificación tendo en conta a súa configuración e disposición, que se determinan pola maneira de soster e construír a cuberta e os teitos das plantas que ten.

    3. Configuración dun dispositivo electrónico.

    4. Constitución e disposición dos elementos que compoñen os órganos ou os corpos vivos.

    5. Ordenación que presentan os átomos dentro da molécula.

    6. Conxunto en que se definiron unha ou máis relacións binarias ou leis de composición.

    7. Distribución espacial dos elementos que forman cristais constituíndo en conxunto un edificio cunha enerxía libre moi pequena.

    8. Forma en que se estruturan os compoñentes do drama.

      1. Conxunto de elementos e de relacións de interdependencia que, con certo grao de permanencia, caracterizan unha situación económica dada.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que fai algo.

      2. Persoa encargada de dirixir, por conta propia ou allea, un establecemento comercial.

      3. Persoa que executa os sinais de saída ou paso dos trens nunha estación de ferrocarril e rexistra os movementos.

      4. Dependente do comisariado de guerra encargado da distribución de provisións ás tropas.

      5. Oficial real encargado de recadar nas Indias as rendas e tributos en especie pertencentes á Coroa.

    1. Cada un dos elementos ou circunstancias que contribúen a producir un resultado.

      1. Substancia que ten unha acción fisiolóxica específica.

      2. Elemento proteico contido no sangue dun xeito natural e que ten un papel decisivo na coagulación deste.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos estados sucesivos polos que pasa unha cousa durante o seu desenvolvemento.

      2. Cada un dos aspectos baixo os que se observa o disco brillante dun corpo celeste, especialmente da Lúa e dos planetas.

      3. Cada un dos estados sucesivos polos que pasa un organismo vivo durante o seu desenvolvemento.

      4. Cada un dos tres momentos articulatorios característicos de calquera emisión fónica da fala, intensión, tensión e distensión.

      5. Conxunto de reaccións do proceso de fotosíntese que poden ter lugar en ausencia de luz.

      6. Período polo que pasa un cultivo de microorganismos, tras a inoculación do medio, no que practicamente non hai crecemento.

      7. Período de crecemento dun cultivo de microorganismos, posterior á fase estacionaria, no que o aumento do número de células é constante e máximo.

      8. Conxunto de reaccións do proceso de fotosíntese que necesitan luz para poder ter lugar.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Corpo flotante.

      2. Obxecto flotante, macizo ou inflado de aire, que se emprega para sosterse sobre a auga ou manter flotando algún corpo.

      3. Corpo flotante co que se mide a velocidade dunha corrente líquida.

      4. Cámara estanca, chea de aire, destinada a facer insomerxible un bote.

    1. Cada un dos elementos que serven para conseguir a flotación da aeronave.

    2. Boia pequena, dun material lixeiro, empregada na pesca, que se fixa ao sedal para manter o anzol a nivel constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Capacidade física para facer un esforzo, un traballo ou un movemento.

      2. Forza física dun animal da que se tira proveito.

      3. Conxunto de materias primas, maquinaria e instrumentos de produción, forza de traballo e experiencia acumulada na realización do proceso de produción dispoñibles nun período e nun sistema económico determinados e en constante evolución.

    1. Intensidade con que se manifesta algo.

    2. Poder ou capacidade para mandar ou impoñer algo.

    3. Capacidade moral ou intelectual para levar a cabo unha acción ou soportar un sufrimento ou penalidade.

      1. Causa capaz de modificar o estado de repouso ou de movemento dun corpo ou de lle producir deformacións. A unidade de forza no SI é o newton e no CGS a dina.

      2. Forza que, ao actuar sobre un punto material, se dirixe sempre a un mesmo punto O do espazo.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Símbolo da constante de gravitación universal.

      2. Símbolo da función de Gibbs.

      1. Símbolo do prefixo xiga-.

      2. Símbolo de gauss.

    1. Sétimo elemento da notación alfabética en letras latinas, que se utiliza nos países xermanófonos e anglófonos, e que corresponde á nota sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo da intensidade dun campo magnético.

    2. Símbolo da entalpía.

    3. Símbolo do hamiltoniano dun sistema físico.

    4. Símbolo do henrio.

    5. Signo da notación alfabética empregada nos países xermánicos que equivale ao si natural.

    6. Símbolo do hidróxeno.

    7. Símbolo da constante de Planck.

    VER O DETALLE DO TERMO