estrutura
-
s
f
Disposición das partes ou dos órganos dun ente, substancia ou corpo.
-
s
f
[CONSTR ]
Conxunto de elementos resistentes dunha edificación tendo en conta a súa configuración e disposición, que se determinan pola maneira de soster e construír a cuberta e os teitos das plantas que ten.
-
s
f
[TECNOL ]
Configuración dun dispositivo electrónico.
-
s
f
[MED ]
Constitución e disposición dos elementos que compoñen os órganos ou os corpos vivos.
-
s
f
[QUÍM ]
Ordenación que presentan os átomos dentro da molécula.
-
estrutura alxébrica
[MAT ]
Conxunto en que se definiron unha ou máis relacións binarias ou leis de composición.
-
estrutura cristalina
[FÍS ]
Distribución espacial dos elementos que forman cristais constituíndo en conxunto un edificio cunha enerxía libre moi pequena.
-
estrutura dramática
[ESPECT ]
Forma en que se estruturan os compoñentes do drama.
-
estrutura económica
-
Conxunto de elementos e de relacións de interdependencia que, con certo grao de permanencia, caracterizan unha situación económica dada.
-
Rama da economía que analiza as relacións entre as magnitudes económicas nun lugar e momento determinados, sen inducir ningunha lei económica xeral, feito que corresponde á análise económica.
-
-
estrutura en grande escala
[ASTRON ]
Distribución de galaxias e doutras formas de masa en escalas de grandes distancias, que cobren centos de millóns de anos e máis.
-
-
estrutura fina
Desdobramento dun nivel de enerxía a causa da interacción spin-órbita.
-
constante de estrutura fina
Constante fundamental adimensional que mide a interacción dunha partícula cargada co campo electromagnético. O seu valor é α=7,2973506×10 -3 .
-
estrutura fina
-
estrutura global
[XEOL ]
Conxunto de características que permiten dividir a Terra en diferentes partes.
-
estrutura petrográfica
[XEOL ]
Relación entre os compoñentes dunha rocha, dada pola disposición e o tamaño dos minerais, as descontinuidades internas ou a foliación.
-
estrutura profunda
[LING ]
Nivel ou aspecto da linguaxe que, na gramática xenerativa, determina a interpretación semántica da oración, en oposición á estrutura superficial, que determina a súa forma fonética.
-
estrutura sedimentaria
[XEOL ]
Estrutura característica dun proceso que ten lugar normalmente durante a deposición dos sedimentos, ou pouco tempo despois.
-
estrutura tectónica
[XEOL ]
Disposición e características xerais das masas rochosas dunha rexión xeolóxica causada polos procesos de deformación.