factor -ra

factor -ra

lat factōre

Plural: factores Masculino: factor Masculino plural: factores Feminino: factora Feminino plural: factoras
    1. s

      Persoa que fai algo.

    2. s [DER ]

      Persoa encargada de dirixir, por conta propia ou allea, un establecemento comercial.

    3. s [TRANSP ]

      Persoa que executa os sinais de saída ou paso dos trens nunha estación de ferrocarril e rexistra os movementos.

    4. s [BÉL ]

      Dependente do comisariado de guerra encargado da distribución de provisións ás tropas.

    5. s [HIST ]

      Oficial real encargado de recadar nas Indias as rendas e tributos en especie pertencentes á Coroa.

  1. s m

    Cada un dos elementos ou circunstancias que contribúen a producir un resultado.

    1. s

      Substancia que ten unha acción fisiolóxica específica.

    2. factor de coagulación

      Elemento proteico contido no sangue dun xeito natural e que ten un papel decisivo na coagulación deste.

    3. factor hepático

      Factor extrínseco imprescindible para a maduración dos eritroblastos.

    4. factor plaquetario

      Complexo bioquímico contido nas plaquetas sanguíneas e que ten unha intervención activa na coagulación.

    5. factor reumatoide

      Anticorpo presente no soro dos enfermos de artrite reumatoide que reacciona cun antíxeno derivado da gammaglobulina.

  2. s m [MAT ]

    ariable causal que inflúe ou pode influír sobre un resultado medible.

  3. s m [MAT ]

    Número que expresa o cociente de dúas magnitudes da mesma especie, polo que é adimensional.

    1. s

      Cada unha das cantidades ou polinomios que, multiplicados entre si, forman un produto.

    2. factor común

      Número ou polinomio que é divisor de dous ou máis números ou polinomios, respectivamente.

    3. factor integrante

      Función M(x,y) que permite a integración dunha ecuación diferencial, por medio da transformación desta en diferencial exacta.

    4. factor primo

      Número natural que non ten ningún divisor natural ademais del mesmo e da unidade.

  4. factor climático [CLIMAT ]

    Cada un dos feitos que determinan o clima dun lugar concreto, como a latitude, a altitude, o afastamento do mar ou continentalidade e o relevo, así como as correntes mariñas, as augas continentais, os solos, a vexetación e a acción antrópica.

  5. factor de apantallamento [FÍS ]

    Diferenza entre a carga nuclear real e a carga nuclear efectiva sobre un electrón externo, debida ao efecto de apantallamento dos electróns situados nas capas internas sobre a carga nuclear. OBS: Tamén se denomina constante de apantallamento.

  6. factor de competencia [BIOQ ]

    Proteína de pequeno peso molecular producida por algunhas bacterias, que se excreta ao medio extracelular e que permite que a bacteria poida captar ADN esóxeno no proceso de transformación bacteriana.

  7. factor de potencia [FÍS ]

    Cociente entre a potencia activa e a potencia aparente dunha corrente alterna.

  8. factor de produción [ECON ]

    Recurso utilizado na produción de bens e servizos.

  9. factor gravimétrico/químico [QUÍM ]

    Proporción en peso que hai dun elemento dentro dun composto químico.

  10. factor limitante [ECOL ]

    Factor ambiental que limita o desenvolvemento dun organismo ou dunha poboación cando non está dispoñible.

Confrontacións

coeficiente

Citas

  • A educación é un factor moi importante na construcción da personalidade