fase

fase

gr φάσις ‘manifestación’

Plural: fases
    1. s

      Cada un dos estados sucesivos polos que pasa unha cousa durante o seu desenvolvemento.

    2. s [ASTRON ]

      Cada un dos aspectos baixo os que se observa o disco brillante dun corpo celeste, especialmente da Lúa e dos planetas.

    3. s [BIOL ]

      Cada un dos estados sucesivos polos que pasa un organismo vivo durante o seu desenvolvemento.

    4. s [LING ]

      Cada un dos tres momentos articulatorios característicos de calquera emisión fónica da fala, intensión, tensión e distensión.

    5. fase escura [BIOQ ]

      Conxunto de reaccións do proceso de fotosíntese que poden ter lugar en ausencia de luz.

    6. fase estacionaria [MICROB ]

      Período polo que pasa un cultivo de microorganismos, tras a inoculación do medio, no que practicamente non hai crecemento.

    7. fase exponencial [MICROB ]

      Período de crecemento dun cultivo de microorganismos, posterior á fase estacionaria, no que o aumento do número de células é constante e máximo.

    8. fase luminosa [BIOQ ]

      Conxunto de reaccións do proceso de fotosíntese que necesitan luz para poder ter lugar.

  1. s f
    1. Cada unha das magnitudes sinusoidais dun sistema polifásico.

    2. Cada un dos condutores dunha liña ou aparato polifásico ou dos bornes correspondentes.

  2. s f [QUÍM ]

    Parte dun sistema formada por un número calquera de compoñentes, homoxénea e cuns límites ben determinados que a separa das outras partes do sistema e do resto do universo, como por exemplo as fases sólida, líquida e gasosa.

  3. s f [MAT ]

    Argumento das funcións sinusoidais (seno ou coseno), dependentes do tempo, que se empregan para describir a elongación dun movemento harmónico ou o valor dunha magnitude variable en corrente alterna.

  4. fase tectónica/de dobramento [XEOL ]

    Conxunto de manifestacións tectónicas que afectan a unha rexión xeolóxica e que se poden separar en tempos.

Sinónimos