forza

forza

lat tardío fŏrtĭa, pl n de fortis

Plural: forzas
    1. s

      Capacidade física para facer un esforzo, un traballo ou un movemento.

    2. forza animal

      Forza física dun animal da que se tira proveito.

    3. forzas produtivas [ECON ]

      Conxunto de materias primas, maquinaria e instrumentos de produción, forza de traballo e experiencia acumulada na realización do proceso de produción dispoñibles nun período e nun sistema económico determinados e en constante evolución.

  1. s f

    Intensidade con que se manifesta algo.

  2. s f

    Poder ou capacidade para mandar ou impoñer algo.

  3. s f

    Capacidade moral ou intelectual para levar a cabo unha acción ou soportar un sufrimento ou penalidade.

    1. s

      Causa capaz de modificar o estado de repouso ou de movemento dun corpo ou de lle producir deformacións. A unidade de forza no SI é o newton e no CGS a dina.

    2. forza central

      Forza que, ao actuar sobre un punto material, se dirixe sempre a un mesmo punto O do espazo.

    3. forza centrífuga

      Forza que se opón, desde o centro do círculo, á forza centrípeta.

    4. forza centrípeta

      Forza que, ao actuar sobre un punto material, ocasiona neste un movemento circular uniforme.

    5. forza conservativa

      Forza para a que é posible definir unha enerxía potencial da que deriva.

    6. forza de Coriolis

      Forza ficticia F <J>C</J>, similar á da inercia que aparece ao aplicar a segunda lei de Newton aos sistemas de referencia que xiran respecto aos sistemas inerciais.

    7. forza de inercia

      Forza ficticia F, que se introduce para resolver certos problemas dinámicos. O seu valor é F=-ma, onde a é a aceleración do punto considerado.

    8. forza de Lorentz

      Forza total que actúa sobre unha carga eléctrica no seo dun campo electromagnético.

    9. forza elástica

      Forza central de módulo proporcional á distancia dunha partícula a un punto fixo e oposta ao seu desprazamento.

    10. forza electrostática/de Coulomb

      Forza que se exerce entre dúas cargas eléctricas en repouso.

    11. forza gravitatoria

      Forza atractiva que se exerce entre dúas masas, inversamente proporcional ao cadrado da distancia entre as masas.

    12. forza magnética

      Forza que se exerce entre cargas eléctricas en movemento.

    13. forza nuclear

      Forza atractiva que actúa entre os protóns e os neutróns do núcleo atómico, sen distinción da súa carga eléctrica.

    1. s

      Colectivo de persoas, de carácter civil ou militar, cuns obxectivos comúns.

    2. s [BÉL ]

      Número efectivo de soldados.

    3. forza de choque [BÉL ]

      Conxunto de elementos militares dispostos para entrar en acción nun momento determinado, para atacar ou para responder a unha agresión.

    4. forza pública

      Forza que se encarga de manter a orde pública.

    5. forzas aéreas [BÉL ]

      Conxunto de unidades de voo e de servizos de terra que integran o exército do aire.

    6. forzas armadas [BÉL ]

      Conxunto dos exércitos de terra, mar e aire dun estado ou dunha organización supraestatal.

    7. forzas marítimas [BÉL ]

      Conxunto integrado polas forzas navais, as terrestres e as aéreas, que integran a mariña militar.

    8. forzas vivas [SOCIOL ]

      Conxunto de persoas que fomentan e controlan unha actividade.

    1. s

      Causa que vicia a validez dos actos.

    2. forza de lei

      Carácter obrigatorio semellante ao da lei.

    3. forza maior

      Acontecemento externo á relación xurídica, imprevisible ou previsto pero inevitable, que exime do cumprimento dunha obriga.

  4. forza bruta

    Forza física empregada sen dereito ou sen intelixencia.

  5. forza ilocutiva [LING ]

    Intención comunicativa do falante ao emitir un enunciado.

  6. forza iónica [QUÍM ]

    Medida da intensidade do campo eléctrico que se debe aos ións existentes nunha disolución.

Citas

  • A forza do clero foi moi importante durante a Idade Media ata os nosos días
  • A forza dunha paixón ninguén é quen de parala
  • A ver se non chove este ano na forza da vendima, Non imos cavar no millo coa forza da calos
  • As forzas políticas condenaron a entrada en vigor da nova lei
  • Deixaches a gasosa aberta e perdeu forza
  • É moi amigo da forza bruta á hora de aplicar disciplina
  • Era unha forza estraña a que o levaba a se comportar daquel xeito
  • Fágome vella: estou a perder as forzas, A cerdeira retoñou con forza
  • Gústalle o tabaco con forza e sabor, Foi un discurso con moita forza, O medicamento tiña pouca forza para combater a enfermidade
  • Non foi ao traballo por causa de forza maior
  • Non lle falta forza para levantar catro sacos coma eses
  • Non teño forzas nin para contar todo o que me pasou

Frases feitas

  • 1 Con forza, fortemente. Ex: Para pechar a porta, d

  • 2 De necesidade. Ex: Tes que ir de forza facerlles unha visita.

  • A forza de. Expresi

  • Cobrar forzas. Irse restablecendo.

  • Con forza. En abundancia, en cantidade. Ex: Puxeron comida con forza.

  • De forza.

  • Facer forza de vela. Matarse a traballar para acadar algo.

  • Facer forza. Tentar conseguir algo por medio da presi

  • Por forza. Necesariamente. Ex: Por forza vaille gustar o galano, porque

  • ¡Manda forza! Expresi

Refráns

  • O que non se sinta con forzas, que non se meta en liornas.
  • Onde a forza non basta, abonda a maña.
  • Onde non serve a forza, a maña abonda.
  • Onde non vexas forza, non botes carga.
  • Razón e forza vencen, forza e razón convencen.
  • Vale máis maña que forza.