flotador

flotador
Plural: flotadores
  1. s m
    1. Corpo flotante.

    2. Obxecto flotante, macizo ou inflado de aire, que se emprega para sosterse sobre a auga ou manter flotando algún corpo.

    3. [FÍS ]

      Corpo flotante co que se mide a velocidade dunha corrente líquida.

    4. [MAR ]

      Cámara estanca, chea de aire, destinada a facer insomerxible un bote.

  2. s m [AERON ]

    Cada un dos elementos que serven para conseguir a flotación da aeronave.

  3. s m [PESCA ]

    Boia pequena, dun material lixeiro, empregada na pesca, que se fixa ao sedal para manter o anzol a nivel constante.