"DOM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 774.

    1. Acción e efecto de caer.

      1. Pendente dunha superficie cara a abaixo.

      2. Desnivel brusco dunha corrente de auga a causa do desnivel do terreo que pode ser aproveitado como fonte de enerxía.

    2. Diminución considerable do valor ou do prezo dalgunha cousa.

    3. Falta ou acción reprobable na conduta dunha persoa.

    4. Parte final dun período de tempo.

    5. Cambio do tipo de goberno ou dominio.

    6. Fenómeno de desaparición dun son ou dun grupo de sons sen influír na articulación dos sons veciños.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave dos xéneros Calandrella e Melanocorypha, da familia dos aláudidos, de peteiro forte e plumaxe de cor predominantemente parda manchada.

    2. Calandra de peteiro groso e colar negro no pescozo.

    3. Calandra de peteiro curto.

    4. Calandra de peteiro curto e apuntado, que presenta unha mancha negra no pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cardeal sobre o que recae a administración ordinaria da Igrexa mentres a Sé apostólica de Roma está vacante.

    2. Oficial palatino encargado, en determinadas cortes europeas, dos servizos domésticos do soberano, agás o de servir a mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento idiófono de percusión, feito xeralmente de bronce e con forma de copa invertida que soa ao ser percutida por unha peza interior ou por un martelo exterior.

      2. Instrumento idiófono de percusión en forma de tubos ocos de metal.

      3. Pavillón dos instrumentos de vento.

      1. Obxectos que recordan pola súa forma a unha campá.

      2. Aparello metálico en forma de campá, utilizado en traballos submarinos.

      3. Aparato electrodoméstico provisto dun extractor que serve para aspirar os fumes dunha cociña.

      4. Aparato de laboratorio que dispón dun recipiente cilíndrico de cristal, que se utiliza nas máquinas pneumáticas para practicar o baleiro.

    1. Flor que presenta a corola formada por pétalos soldados en forma de vaso acampanado.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extensión de terreo, en xeral non urbano, con vexetación.

      2. Terreo inculto onde existe unha vexetación que nace de forma espontánea.

      3. Terreo destinado á agricultura e á gandaría.

      4. Terreo dedicado a actividades lúdicas e deportivas.

      5. Campo situado fóra do poboado, onde non hai valados nin bosque.

      1. Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura.

      2. Conxunto de poboacións que se dedican á agricultura.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero carnívoro, da familia dos cánidos, de aspecto, forma e pelame moi diversos segundo as razas, domesticado polo home.

      2. Can que ten a rabia.

      3. Can pequeno que non ten pelo no seu corpo.

      4. Can de xenealoxía incerta.

    1. Arte de pesca que consta dun aparello con forma de angazo que, a medida que se arrastra polo fondo do mar, vai apañando diversos tipos de mariscos que quedan depositados nunha rede que leva detrás.

      1. Moeda antiga que, segundo fose de cinco ou dez céntimos, recibía o nome de can pequeno ou can grande, respectivamente.

      2. Moeda de escaso valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crustáceo da orde dos decápodos, caracterizado por rematarlle o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas.

    2. Cangrexo de patas longas e corpo triangular, co dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico.

    3. Cangrexo de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña, que vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías.

    4. Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, que habita en medios mariños.

    5. Cangrexo de corpo estreito e abdome longo, que habita nos ríos.

    6. Cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de cor verde con pintas castañas escuras.

    7. Cangrexo  anomuro, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira.

    8. Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta cuncha de cor vermella intensa e o abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias.

    9. Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción de madeira en forma de andel ou banco, normalmente situada na cociña, onde se colocan os cántaros e outras vasillas de barro que se empregan en tarefas domésticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico caracterizado pola predominancia do catabolismo sobre o anabolismo, polo que o paciente sofre un adelgazamento importante ao minguar primeiro a graxa e despois a masa muscular do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade da persoa que na súa traxectoria vital ou na súa conduta se mantén firme nuns principios, que presenta decisión e enerxía.

    2. Trazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.

    3. Conxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta.

    4. Conxunto de calidades dominantes na fisonomía moral dunha persoa.

      1. Trazo distintivo dun organismo que o diferencia doutro.

      2. Carácter morfolóxico ou fisiolóxico que aparece nun organismo ao longo da súa vida por interacción co contorno.

      3. Carácter que fai referencia a calidades que non se poden medir.

      4. Carácter que fai referencia ás calidades medibles.

      5. Carácter que se transmite pola herdanza.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO