cangrexo
-
s
m
[ANIMAL ]
Crustáceo da orde dos decápodos, caracterizado por rematarlle o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas.
-
cangrexo araña
[ANIMAL ]
Cangrexo de patas longas e corpo triangular, co dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico.
-
cangrexo común
[ANIMAL ]
Cangrexo de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña, que vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías.
-
cangrexo de mar
[ANIMAL ]
Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, que habita en medios mariños.
-
cangrexo de río
[ANIMAL ]
Cangrexo de corpo estreito e abdome longo, que habita nos ríos.
-
cangrexo de santo Antón/mulieiro
[ANIMAL ]
Cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de cor verde con pintas castañas escuras.
-
cangrexo peregrino/ermitán
[ANIMAL ]
Cangrexo anomuro, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira.
-
cangrexo real
[ANIMAL ]
Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta cuncha de cor vermella intensa e o abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias.
-
cangrexo violinista
[ANIMAL ]
Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva.