campá

campá

lat campāna topónimo Campania

Plural: camisas
  1. s f
    1. Instrumento idiófono de percusión, feito xeralmente de bronce e con forma de copa invertida que soa ao ser percutida por unha peza interior ou por un martelo exterior.

    2. Instrumento idiófono de percusión en forma de tubos ocos de metal.

    3. Pavillón dos instrumentos de vento.

    1. s

      Obxectos que recordan pola súa forma a unha campá.

    2. campá de mergullador [MAR ]

      Aparello metálico en forma de campá, utilizado en traballos submarinos.

    3. campá extractora [TECNOL ]

      Aparato electrodoméstico provisto dun extractor que serve para aspirar os fumes dunha cociña.

    4. campá pneumática [FÍS ]

      Aparato de laboratorio que dispón dun recipiente cilíndrico de cristal, que se utiliza nas máquinas pneumáticas para practicar o baleiro.

  2. s f [BOT ]

    Flor que presenta a corola formada por pétalos soldados en forma de vaso acampanado.

  3. s f [MAR ]

    Abertura angular e altura das vigas que forman unha cabria.

Sinónimos

Citas

  • A figura da deusa estaba protexida por unha campá de cristal
  • Arrincámoslle as campás á planta para secalas no medio das follas dun libro

Refráns

  • As campás de Verán, cando as toca o sancristán, dinlle á xente: ¡Por dar, dan! ¡Por dar, dan!.
  • Cada campá dá a súa badalada.
  • Cal é a campá, tal é a campanada.
  • O badal da "campana" por todos chama.
  • O badal é un dente que avisa a xente.
  • Onde hai "campanas", hai badaladas.

Palabras veciñas

camorrista campa campa campá campaíña campal campamento