calandra

calandra

lat v *calandria gr κάλανδρος ‘especie de cotovía’

Plural: calandras
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave dos xéneros Calandrella e Melanocorypha, da familia dos aláudidos, de peteiro forte e plumaxe de cor predominantemente parda manchada.

  2. calandra grande [ANIMAL/ORNIT ]

    Calandra de peteiro groso e colar negro no pescozo.

  3. calandra marismeña [ANIMAL/ORNIT ]

    Calandra de peteiro curto.

  4. calandra pequena [ANIMAL/ORNIT ]

    Calandra de peteiro curto e apuntado, que presenta unha mancha negra no pescozo.

Confrontacións

cotovía, laverca