cabezada

cabezada

cabeza

Plural: cabezadas
  1. s f

    Golpe dado coa cabeza.

  2. s f

    Sono de breve duración.

  3. s f [MAR ]

    Acción de afundirse bruscamente na auga a proa dunha nave.

  4. s f

    Corda ou soga que se emprega para amarrar as cabalarías pola cabeza.

Sinónimos

Citas

  • A vaca está solta na corte porque non topo a cabezada
  • Asentiulle todo o que dixo mediante cabezadas
  • Cando esvaraches déchesme unha boa cabezada
  • Estaba tan canso que deu cabezadas durante o relatorio
  • Ó aumentar a velocidade da embarcación notamos as cabezadas
  • Os dous volumes distínguense polas cores das bandas da cabezada
  • Vou espertala porque xa leva unha hora e dixo que só quería durmir unha cabezada