líder

líder

ingl leader ‘guía’

Plural: líderes
  1. s
    1. Persoa que dirixe ou representa a un grupo social ou político.

    2. Animal que encabeza unha manda ou grupo.

  2. s

    Persoa ou equipo que encabeza unha competición deportiva.

  3. s

    Persoa que é a mellor en algo.

Citas

  • Leva a representación dunha marca líder en cosmética, Son os líderes de vendas na provincia
  • O líder do partido deu un mitin na cidade, É o líder da clase
  • O vello garañón era o líder da manda de cabalos

Palabras vecinas

liddita lide lideira líder liderado liderar lidio -dia