couce

couce

lat calce ‘talón’

Plural: couces
  1. s m
    1. Movemento de determinados animais, especialmente o cabalo, o burro e a vaca, que consiste en erguer e lanzar violentamente cara a atrás as patas posteriores.

    2. Golpe causado cun movemento violento cara a atrás das patas posteriores de certos animais.

  2. s m
    1. Parte máis grosa e máis próxima ao chan dunha árbore.

    2. Extremo máis groso dun pau ou doutra cousa semellante.

  3. s m

    2 coza.

Sinónimos

Citas

  • A vella oliveira xa estaba oca polo couce
  • Agarrou a vara polo couce e comezou a arrebolar as peras
  • Deulle catro couces antes de o botar á rúa
  • O cabalo brincaba dando couces e ninguén se achegaba a el
  • O couce da xugada abafaba polo esforzo de subir a costa coa carga
  • O verdor do campo de millo desaparecera e só quedaban os couces xa secos e dourados
  • Recibiu un couce da burra cando lle foi dar de comer

Frases feitas

  • 2 Perder o tempo.

  • Dar couces contra as paredes. Desesperarse ante algunha cousa imposible.

  • Soltar un couce. Contestar ofensivamente.

Refráns

  • Couce da egua non fai mal ao poldro.
  • Nin couce de poldro nin rascadura dun pe con outro.
  • O couce da egua non fere o cabalo.
  • O que moito coucea, moito rabea.