cepa

cepa

cepo

Plural: cepas
  1. s f
    1. Parte do talo das plantas, especialmente das especies leñosas, que queda unida á raíz despois de cortala.

    2. Planta da vide.

  2. s f

    Poste ou piar que terma da cámara do hórreo.

  3. s f
    1. Machón sobre o que descansan dous arcos.

    2. Parte do machón que sae da terra ata a imposta que se localiza nos arcos e nas pontes.

  4. s f [XEN ]

    Conxunto de individuos que presentan un xenotipo cun ou máis caracteres fixos que os diferencian dos outros individuos da variedade ou poboación á que pertencen.

  5. s f [MICROB ]

    Poboación de organismos da mesma especie que proveñen todos dun mesmo antecesor e que teñen as mesmas características xenotípicas e fenotípicas.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Antes de labrar temos que arrancar as cepas que quedaron dos carballos
  • Cortou as cepas vellas para facer leña
  • Este ano as cepas deron moito viño

Frases feitas

  • De boa cepa. De orixe distinguida ou que presenta boas calidades.

Palabras veciñas

cenzo ceo ceolita cepa cepada cepar cepeira