Plural: paces
    1. s [ANAT ]

      Parte terminal das extremidades abdominais do home que comprende o tarso, o metatarso e as dedas.

    2. s

      Parte dunha media ou dun calcetín que cobre o pé, do nocello para abaixo.

    3. pé de atleta [PAT ]

      Tricofitose do pé, producida polo fungo Candida albicans, que se caracteriza polo arroibamento, vesiculación e fendas entre as dedas.

    4. pé equino [PAT ]

      Deformidade permanente do pé, que o priva de tomar contacto coa terra polos seus puntos normais de apoio.

    5. pé plano [PAT ]

      Deformidade que se caracteriza pola desaparición da ponte do pé, de maneira que se apoia a planta en terra.

    1. s

      Parte terminal de cada unha das patas dun animal.

    2. pé fendido

      Pezuño dos ungulados.

    1. s [BOT ]

      Tronco dunha planta ou dunha árbore.

    2. s [BOT ]

      Árbore ou planta sobre a que se fai un enxerto.

    3. pé de viña

      Cepa das vides.

    4. pé macho

      Planta que carece de espigas.

  1. s m

    Parte dun obxecto que serve para soportar algo e sobre a que este se apoia no chan.

    1. s

      Peza colocada verticalmente para soster algún elemento de construción.

    2. s [CONSTR ]

      Balaústre ou barra de ferro que, disposta verticalmente no extremo inferior dalgunhas escaleiras, ou dun dos seus tramos, forma parte da varanda, sostendo o pasamáns, e adoita ser máis groso e máis longo ca os outros barrotes da varanda.

    3. pé dereito [CONSTR ]

      Taboleiro disposto verticalmente que, fixado a outros taboleiros traveseiros, sostén unha estada.

  2. s m

    Parte de abaixo dunha cousa.

  3. s m pl

    Parte dunha cousa oposta á cabeceira, especialmente da cama.

  4. s m

    Pedra inferior do muíño, sobre a que xira a moa.

  5. s m

    Texto impreso debaixo, ao lado ou enriba dunha ilustración, que explica o seu significado e facilita a comprensión.

  6. s m
    1. Medida de lonxitude de valor variable segundo os países ou as localidades, que corresponde aproximadamente á lonxitude dun pé humano.

    2. Unidade de lonxitude que se utiliza nos países anglosaxóns, igual a 1/3 da iarda ou a 12 polgadas, que equivale a 30,48 cm.

    3. Medida de lonxitude que equivale a uns 28 cm segundo as zonas e que corresponde á terceira parte dunha vara.

  7. s m [LIT ]

    Unidade métrica básica a partir da que se formaban os versos na poesía clásica grega e latina.

  8. pé ambulacral [ZOOL ]

    Apéndice dos equinodermos que utilizan como medio de locomoción e como parte do seu sistema respiratorio.

  9. pé azul [FUNGO ]

    Fungo, da familia das tricolomatáceas, que presenta sombreiro carnoso, máis ou menos aplanado, de cor morada, con láminas escotadas e de pé de cor máis clara ca o sombreiro.

  10. pé crebado [LIT ]

    erso de oito sílabas, ou menos, que aparece nunha composición combinado con versos maiores, e que en relación a estes aparece como fragmentario.

  11. pé de boi [PLANTA ]

    Planta perenne, da familia das apiáceas, que presenta talos oco,s follas pinnadas abaixo e sésiles arriba, flores brancas e froito globoso.

  12. pé de can [MAR ]

    Disposición das áncoras dunha embarcación cando están fondeadas dúas a proa e unha a popa.

  13. pé de codaste [MAR ]

    Parte do codaste que descansa sobre a quilla.

  14. pé de escota longo [MAR ]

    Sistema de navegación de vela en que a vela vai máis solta e o barco vai máis lixeiro, e que se emprega para navegar cando o vento bate ao biés.

  15. pé de galiña [PLANTA ]

    Planta perenne, da familia das poáceas, que presenta talos floríferos e follas con lígula. OBS: Tamén se denomina grama.

  16. pé de gallo [MAR ]

    Peza de ferro bifurcada que, cravada a un pau dunha embarcación, serve para enganchalo ou unir cabos.

  17. pé de galo [MAR ]

    Corda con chumbo, que se atopa por debaixo nas redes do cerco.

  18. pé de imprenta [GRÁF ]

    Indicación do lugar e do ano onde se imprimiu un libro, un cartel ou calquera outra publicación.

  19. pé de monte [XEOG ]

    Rexión chairega que está situada ao pé dun macizo montañoso e formada pola acumulación de materiais, arrastrados por torrentes e ríos, e previamente arrancados da montaña polos efectos da erosión.

  20. pé de rata [FUNGO ]

    Fungo, da clase dos basidiomicetos, que presenta aspecto de coral e de cor amarela. Crece baixo as árbores e restos de materia vexetal en descomposición.

  21. pé de rei [METROL ]

    Aparato que se emprega para medir distancias curtas con moita precisión.

  22. pé de roda [MAR ]

    Peza curva de madeira que une a roda de proa ou de popa coa carena, nunha embarcación de madeira.

  23. pé de sardiña [MAR ]

    Banco de sardiñas que entra nunha ría.

  24. pé dunha perpendicular [MAT ]

    Punto en que unha recta ou un plano cortan a perpendicular trazada sobre eles.

Frases feitas

  • 2 loc adv Que xa se levanta da cama, despois dunha enfermidade.

  • 3 loc adv Levantado da cama.

Palabras veciñas

PC Pd pe peada peado -da peal