cepo

cepo

lat cippu ‘cipo, columna’

Plural: cepos
  1. s m

    Toro de madeira, cortado ao través e disposto de pé, que se emprega para determinados usos.

  2. s m

    Parte do tronco dunha árbore que queda chantada na terra despois de cortala.

  3. s m

    Trampa para cazar animais que está constituída por un dispositivo que pecha e aprisiona dúas pezas cando o toca a presa.

  4. s m [BOT ]

    Praga que sofren algúns cultivos de larvas de coleópteros ou lepidópteros que desenvolven a fase larvaria no interior do talo das plantas.

  5. s m
    1. Tira de ferro ou peza de madeira que está colocada perpendicularmente á cana preto do arganeo, na áncora do tipo almirantado ou de cepo.

    2. Pau chantado na cuberta dunha embarcación para amarrar o cabo co que se remolca outra embarcación.

Sinónimos

Citas

  • Antes de furar a lámina de aceiro co trade hai que pórlle un cepo para que non se mova, A policía púxolle un cepo ao coche
  • Co cepo que botaches, o lume vai botar toda a noite prendido
  • Déronnos a probar o viño novo nun cepo
  • O ferreiro petaba sobre a engra que descansaba sobre un cepo vello de madeira de castiñeiro
  • O zapateiro amañaba o calzado arredor do cepo que termaba da bigornia
  • Os dous cepos que hai na eira son de dúas maceiras que tiramos
  • Rompeu a moa ao caer e só lle quedou un pequeno cepo
  • Topamos cun cepo aberto no medio do monte

Frases feitas

  • Cepo do nodal. Apl

  • Cepos quedos. Expresi

  • Ser como un cepo. Ser pouco espelido.