dirección

dirección

lat directiōne

Plural: direccións
    1. s

      Acción e efecto de dirixir.

    2. s

      Consellos e ensinanzas coas que se encamiña a alguén na realización dun traballo ou nunha actuación.

    3. s [IMAX ]

      Arte e técnica de realización das diferentes partes dunha película.

    4. dirección empresarial [ECON ]

      Filosofía empresarial moderna que define a función do director e as súas intervencións co persoal.

    5. dirección espiritual [RELIX ]

      Guía nos asuntos relacionados co espírito.

    1. s

      Traxecto ou liña imaxinaria que segue unha persoa ou unha cousa no seu movemento.

    2. s

      Liña de conduta que alguén segue.

    3. s

      Camiño imaxinario ou rumbo que adopta unha determinada acción.

    4. s [FÍS ]

      Recta pola que se move un corpo nun momento dado.

    5. dirección dunha forza [FÍS ]

      Recta pola que unha forza  move o seu punto de aplicación.

    1. s

      Cargo de director dunha empresa ou dunha administración.

    2. s

      Conxunto de persoas que dirixen unha entidade.

    3. s

      Lugar onde se instalan as oficinas das persoas que levan o mando dunha empresa.

    4. dirección xeral [DER ]

      Órgano da administración pública que se encarga de controlar e dirixir unha determinada área dun departamento, ministerio ou consellaría.

    1. s

      Mecanismo que se utiliza para que o condutor dun vehículo poida modificar a súa traxectoria.

    2. dirección asistida

      servodirección.

  1. dirección de tiro [BÉL ]

    Conxunto de aparatos que efectúan os cálculos necesarios para determinar a posición que adopta unha peza de artillaría que dispara contra un obxecto móbil e que transmite as ordes para o movemento desta peza.

Sinónimos

Confrontacións

administración, curso, rumbo, traxectoria, xestión

Citas

  • A dirección da tese doutoral levouna a cabo o catedrático
  • A dirección dese banco está ao seu cargo
  • A dirección do instituto está no terceiro piso
  • A dirección está formada por tres licenciados e a secretaria
  • Encargáronlle a dirección do traballo a un especialista
  • Non son quen de seguir a dirección dos seus razoamentos, O partido político colleu unha dirección totalmente contraria despois do congreso
  • Os seus estudios non levan unha dirección única
  • Para ir a Tui collín dirección Portugal, O vento sopraba en dirección sur, O porteiro deuse conta da dirección que levaba o balón

Palabras veciñas

díptico diquat dique dirección direccional direccionalidade directa