exame

exame

lat exāmen

Plural: exames
    1. s

      Acción de pescudar ou observar atenta e minuciosamente algo ou alguén para coñecer as súas calidades ou o seu estado.

    2. exame de conciencia

      Consideración que se fai das propias accións para discernir se son boas ou malas á luz dunha moral establecida ou convencional, principalmente relixiosa.

    3. exame de testemuñas [DER ]

      Dilixencia xudicial que consiste en tomarlles declaración ás persoas que, sen ser parte interesada no caso, coñecen e poden dar testemuño sobre os feitos controvertidos.

    4. libre exame [RELIX ]

      Interpretación de carácter persoal das doutrinas cristiás, tomando como única referencia o texto da Biblia e descartando a autoridade da Igrexa.

  1. s m

    Proba ou conxunto de probas, escritas ou orais, ás que se somete unha persoa para poder demostrar a súa aptitude para desempeñar un cargo ou actividade, ou para obter un grao ou avanzar nos estudos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Citas

  • É necesario facer un exame da situación para descubrir os problemas