control
fr contrôle ‘verificación’
-
s
m
-
Acción de comprobar exhaustivamente ou verificar algunha cousa.
-
[EDUC ]
Exercicio que se realiza para seguir a evolución dos coñecementos dun alumno.
-
-
s
m
-
Limitación da liberdade ou dominio sobre unha acción ou un fenómeno.
-
Capacidade de levar a cabo este dominio.
-
-
s
m
Dispositivo para manexar algunha cousa.
-
s
m
-
Oficina na que se fai a verificación e a comprobación dalgunha cousa.
-
Posto do exército, da policía ou doutro órgano oficial que realiza unha operación de vixilancia.
-
-
-
s
Conxunto de operacións orientadas a supervisar o estado dun sistema para poder xerar as accións de mando necesarias.
-
control dixital
Control en tempo real de sistemas dinámicos no que o controlador ou corrector está instrumentado por medio dun ordenador.
-
control numérico
Tipo de control que dá as instrucións segundo un código numérico rexistrado nunha cinta perforada ou nun disco magnético.
-
teoría de control
Rama da teoría de sistemas que trata do xeito de conseguir o cambio de comportamento dun sistema por medio de accións externas.
-
s
-
s
m
[INFORM ]
Tecla que se acostuma utilizar en solitario ou en combinación con outras para facer que un ordenador execute determinadas ordes.
-
control biolóxico
[ECOL ]
loita biolóxica.
-
control de calidade
[IND ]
Conxunto de operacións de verificación ás que se someten algunhas mostras dunha produción industrial.
-
control de cambio
[ECON ]
Método, adoptado regularmente no campo monetario, para influír na balanza de pagamentos. Consiste en limitar a convertibilidade da moeda nacional por divisas.
-
control de poboación
[ECOL ]
Conxunto de accións dirixidas a producir cambios na traxectoria natural dunha poboación animal.
-
control de xestión
[ECON ]
Sistema de análise sistemática e continua dos resultados empresariais, para determinar as posibles desviacións respecto dos obxectivos establecidos e modificar a súa xestión para poder mellorar os resultados.
-
control integrado
[ECOL ]
loita integrada.
-
control social
[SOCIOL ]
Regulación da conduta dos membros dun grupo social mediante o establecemento duns valores ideolóxicos e dunhas pautas de comportamento.
Sinónimos
Antónimos
Confrontaciones
dirección, dominación, exame, inspecciónCitas
- A Unión Europea realiza un control exhaustivo dos seus productos en base ás normas ISO
- Activaron a bomba por medio dun control remoto, Fallaron os controis da aeronave e caeu ao mar
- Detiveron os terroristas no control que estableceu a Garda Civil
- Non é quen de levar o control das contas da empresa
- Os accionistas maioritarios teñen o control absoluto da empresa, Moitos países pobres comezaron a preocuparse polo control da natalidade
- Pasa antes polo posto de control para que che selen a autorización
- Todos os alumnos aprobaron os controis da primeira avaliación