conto

conto

lat cŏmpŭtu, de computāre ‘contar, calcular’

Plural: contos
  1. s m [LIT ]

    Narración, xeralmente breve, dun feito ou dunha serie de feitos reais, lendarios ou ficticios, coa intención de entreter, divertir ou moralizar.

  2. s
    1. Relato dun suceso falso ou de pura invención que se conta como se fose certo, normalmente co fin de prexudicar a alguén.

    2. Explicación falsa ou con demasiados rodeos que se dá cando se quere encubrir algo.

  3. s m

    Asunto principal da cuestión que se está a tratar.

  4. s m

    Falsa aparencia con que unha persoa tenta que unha cousa ou ela mesma aparente máis do que é.

  5. s m col

    Obxecto do que non se coñece o nome ou non se lembra.

Sinónimos

Citas

  • Fomos dar un paseo pola contorna do lugar.
  • Imos ao conto que do contrario non acabamos nin mañá, Iso que me dis éche un conto moi distinto do problema que hai que resolver
  • Non quero que andes con contos que podes facer moitos inimigos
  • Prefiro que me digas a verdade a que me andes con contos que non cres nin ti
  • Tes que ter moito coidado con el que co conto que ten engana a calquera, Sempre parece enfermo, e o que ten en realidade é moito conto
  • ¿Como funciona ese conto?

Refráns

  • Conto acabado, míralle para o rabo.
  • O conto, para ser conto, é mester que veña a conto.
  • O mellor do conto é o que queda por contar.
  • Ó vello nunca lle falta que contar: ou ao sol ou ao pe do lar.
  • Os con tos agradan, pero os contomeleiros enfadan.