fábula
fábula
lat fabŭla
-
s
f
[LIT ]
Narración, en verso ou prosa, de feitos marabillosos que adoita encerrar unha ensinanza moral. Xeralmente interveñen animais e elementos inanimados que actúan como se fosen seres racionais.
-
s
f
Historia falsa ou sen fundamento.
-
s
f
[ESPECT ]
Texto dunha obra como a propia obra dramática na Antiga Roma. A cada xénero dramático correspondíalle un tipo de fábula. Así, había a fabula praetexta, que se ocupaba de lendas sobre a fundación e a historia de Roma; a fabula palliata, que partía da comedia grega nova; a fabula togata, que recreaba a vida de Roma; e a fabula trabeata, que tiña como personaxes a cabaleiros.