historia

historia

lat historĭa gr ἱ στορία

Plural: historias
    1. s

      Narración ordenada  sobre o conxunto dos feitos memorables do pasado humano.

    2. s [HIST ]

      Ciencia que se ocupa do estudo dos feitos, como conxunto das actuacións dos homes no pasado, e da súa narración.

    3. fin da historia [FILOS ]

      Concepto de orixe hegeliana que presupón a consecución duns principios ideolóxicos inmellorables por parte da humanidade.

  1. s f

    Obra literaria que consiste nunha narración ou exposición histórica.

  2. s f
    1. Conxunto dos acontecementos humanos ou de determinados acontecementos humanos, considerados na súa evolución.

    2. Conxunto dos feitos desenvolvidos na existencia dunha persoa ou cousa, no desenvolvemento dun acontecemento ou feito.

  3. s f

    Narración inventada.

  4. s f pl

    Noticia falsa e inventada que se conta para prexudicar a algúen. 

  5. s f [HIST ]

    Ciencia especializada en expoñer cronolóxica e incluso criticamente, cada un dos diversos ámbitos da realidade e actividades humanas no seu desenvolvemento ao longo dos tempos. OBS: Tamén se denomina historiografía.

  6. historia clínica [MED ]

    Narración completa da experiencia do médico na súa relación técnica cun enfermo determinado.

  7. historia natural [BIOL/XEOL ]

    Descrición da natureza, clasificada nos reinos mineral, vexetal e animal.

Sinónimos

Citas

  • A historia da empresa é moi accidentada, A miña historia é longa de contar
  • A historia de Carapuchiña Vermella, Sabe moitas historias de fantasmas
  • Está lendo a historia de Ramón Villares
  • Non me veñas con historias
  • O progreso da humanidade no curso da historia, Un feito transcendental para a historia da civilización
  • Sempre que chega tarde conta a mesma historia

Refráns

  • Despois dos anos mil volven as augas ao carril.