capacidade
lat capacitāte
-
-
s
Espazo do que se dispón no interior dalgunha cousa.
-
s
Propiedade de poder conter algo ata un límite determinado.
-
s
[INFORM ]
Número máximo de bits, caracteres, palabras ou outra unidade de medida que se poden almacenar nun dispositivo de memoria.
-
capacidade de carga
[ECOL ]
Número de individuos que pode manter unha área sen deteriorarse.
-
capacidade pulmonar vital
[FISIOL ]
Cantidade de aire expulsado nunha expiración forzada.
-
s
-
s
f
Circunstancia ou calidade que posúen as persoas consistente en ser capaz de realizar algunha cousa.
-
-
s
Aptitude, disposición ou dotes intelectivos necesarios para realizar ou comprender algunha cousa.
-
s
[PEDAG ]
Conxunto de aptitudes innatas ou adquiridas que un individuo pon en funcionamento para acadar un rendemento axeitado en calquera dos ámbitos da cultura.
-
capacidade de traballo
Capacidade dun individuo para facer moito traballo en pouco tempo.
-
s
-
-
s
Posibilidade de actuar ou producir dependente dos medios ou recursos dispoñibles.
-
capacidade de compra
[ECON ]
Parámetro que permite medir a cantidade de produtos que se poden mercar.
-
s
-
s
f
[DER ]
Aptitude legal para exercer unha determinada función ou dereito.
-
-
s
Nome de certas magnitudes eléctricas.
-
s
Magnitude que expresa a aptitude que teñen os condutores de almacenar electricidade en forma de carga eléctrica
-
s
Cantidade de electricidade máxima que pode almacenar un acumulador.
-
s
-
s
f
[XEOL ]
olume de auga que pode acoller o cauce dun río.
-
s
f
[XEOL ]
Condición actual intrínseca dun elemento do medio para acoller unha actividade ou un uso do solo.
-
-
s
Cantidade de auga ou doutras substancias que un solo absorbe, contén ou intercambia.
-
s
Caudal sólido máximo que pode transportar un curso de auga a unha velocidade determinada.
-
capacidade de absorción
Propiedade fundamental da fracción coloidal dos solos.
-
capacidade de cambio
Magnitude de intercambio de ións entre as partículas coloidais do solo e a solución que o rodea.
-
capacidade de campo/retención
Cantidade de auga retida por un solo unha vez que escorreu a auga gravitacional.
-
capacidade hídrica
Contido en auga dunha mostra de solo despois de telo saturado e deixado escorrer durante dúas horas.
-
capacidade de intercambio
Cantidade de substancia que un peso determinado dun solo pode reter.
-
capacidade de intercambio catiónico
Cantidade total de catións que pode reter por absorción un solo.
-
capacidade máxima de retención
Cantidade de auga retida pola primeira capa de solo.
-
capacidade portadora
Aptitude do solo para soportar grandes infraestruturas e os elementos que as empregan.
-
s
-
-
s
Condición do medio para acoller unha determinada actividade biolóxica.
-
capacidade agrolóxica
Aptitude que ten un solo para un uso agrícola determinado.
-
capacidade asimilativa
Aptitude dunha masa de auga para soportar refugallos sen cambiar a súa calidade.
-
capacidade bioxénica
Potencialidade dun ecosistema de xerar e manter biomasa.
-
s
-
capacidade calorífica
[FÍS ]
Cantidade de calor necesaria para aumentar nun grao a temperatura dun corpo.
-
capacidade de transporte
[FÍS ]
Cantidade de material que un fluído en movemento pode transportar.
Sinónimos
Confrontacións
competencia, posibilidade, suficienciaCitas
- A capacidade productiva dos solos depende de factores edáficos, climáticos, hidrolóxicos e topográficos, A capacidade defensiva da ría mellorou coa instalación de novas baterías, Aumentou a capacidade de producción da fábrica
- O autobús ten unha capacidade de 55 persoas, A capacidade do estante é duns 200 libros
- O viño que queda non abonda para cubrir a capacidade dese bocoi
- Sorpréndeme a súa capacidade para emprender novos desafíos
- Ten capacidade abonda para cumprir coas esixencias do novo cargo, Non lle concederon o galardón por falta de capacidade artística, Carezo de capacidade para entender a súa arte
Refráns
- Mal ano ou bo ano, catro caben nun banco.
- Ninguén pode facer máis do que sabe.
- O que fai un cesto fai un cento, se lle dan vergas e tempo.
- O que fai un home, tamén outro facelo pode.
- Onde cabe un carro cargado, ben cabe un home ao seu cabo.
- Onde vai a máis, vaia o menos.
- Onde vai o máis, que vaia o menos.
- Os mozos para loitar e os vellos para aconsellar.
- Por ande entra o carro, mellar entra o carreteiro.
- Por ande salta a cabra, tamén salta a que a mama.
- Quen fai un cesto, fai un cento, se lle dan vimbias e tempo.