capacidade

capacidade

lat capacitāte

Plural: capacidades
    1. s

      Espazo do que se dispón no interior dalgunha cousa.

    2. s

      Propiedade de poder conter algo ata un límite determinado.

    3. s [INFORM ]

      Número máximo de bits, caracteres, palabras ou outra unidade de medida que se poden almacenar nun dispositivo de memoria.

    4. capacidade de carga [ECOL ]

      Número de individuos que pode manter unha área sen deteriorarse.

    5. capacidade pulmonar vital [FISIOL ]

      Cantidade de aire expulsado nunha expiración forzada.

  1. s f

    Circunstancia ou calidade que posúen as persoas consistente en ser capaz de realizar algunha cousa.

    1. s

      Aptitude, disposición ou dotes intelectivos necesarios para realizar ou comprender algunha cousa.

    2. s [PEDAG ]

      Conxunto de aptitudes innatas ou adquiridas que un individuo pon en funcionamento para acadar un rendemento axeitado en calquera dos ámbitos da cultura.

    3. capacidade de traballo

      Capacidade dun individuo para facer moito traballo en pouco tempo.

    1. s

      Posibilidade de actuar ou producir dependente dos medios ou recursos dispoñibles.

    2. capacidade de compra [ECON ]

      Parámetro que permite medir a cantidade de produtos que se poden mercar.

  2. s f [DER ]

    Aptitude legal para exercer unha determinada función ou dereito.

    1. s

      Nome de certas magnitudes eléctricas.

    2. s

      Magnitude que expresa a aptitude que teñen os condutores de almacenar electricidade en forma de carga eléctrica

    3. s

      Cantidade de electricidade máxima que pode almacenar un acumulador.

  3. s f [XEOL ]

    olume de auga que pode acoller o cauce dun río.

  4. s f [XEOL ]

    Condición actual intrínseca dun elemento do medio para acoller unha actividade ou un uso do solo.

    1. s

      Cantidade de auga ou doutras substancias que un solo absorbe, contén ou intercambia.

    2. s

      Caudal sólido máximo que pode transportar un curso de auga a unha velocidade determinada.

    3. capacidade de absorción

      Propiedade fundamental da fracción coloidal dos solos.

    4. capacidade de cambio

      Magnitude de intercambio de ións entre as partículas coloidais do solo e a solución que o rodea.

    5. capacidade de campo/retención

      Cantidade de auga retida por un solo unha vez que escorreu a auga gravitacional.

    6. capacidade hídrica

      Contido en auga dunha mostra de solo despois de telo saturado e deixado escorrer durante dúas horas.

    7. capacidade de intercambio

      Cantidade de substancia que un peso determinado dun solo pode reter.

    8. capacidade de intercambio catiónico

      Cantidade total de catións que pode reter por absorción un solo.

    9. capacidade máxima de retención

      Cantidade de auga retida pola primeira capa de solo.

    10. capacidade portadora

      Aptitude do solo para soportar grandes infraestruturas e os elementos que as empregan.

    1. s

      Condición do medio para acoller unha determinada actividade biolóxica.

    2. capacidade agrolóxica

      Aptitude que ten un solo para un uso agrícola determinado.

    3. capacidade asimilativa

      Aptitude dunha masa de auga para soportar refugallos sen cambiar a súa calidade.

    4. capacidade bioxénica

      Potencialidade dun ecosistema de xerar e manter biomasa.

  5. capacidade calorífica [FÍS ]

    Cantidade de calor necesaria para aumentar nun grao a temperatura dun corpo.

  6. capacidade de transporte [FÍS ]

    Cantidade de material que un fluído en movemento pode transportar.

Sinónimos

Confrontaciones

competencia, posibilidade, suficiencia

Citas

  • A capacidade productiva dos solos depende de factores edáficos, climáticos, hidrolóxicos e topográficos, A capacidade defensiva da ría mellorou coa instalación de novas baterías, Aumentou a capacidade de producción da fábrica
  • O autobús ten unha capacidade de 55 persoas, A capacidade do estante é duns 200 libros
  • O viño que queda non abonda para cubrir a capacidade dese bocoi
  • Sorpréndeme a súa capacidade para emprender novos desafíos
  • Ten capacidade abonda para cumprir coas esixencias do novo cargo, Non lle concederon o galardón por falta de capacidade artística, Carezo de capacidade para entender a súa arte

Refranes

  • Mal ano ou bo ano, catro caben nun banco.
  • Ninguén pode facer máis do que sabe.
  • O que fai un cesto fai un cento, se lle dan vergas e tempo.
  • O que fai un home, tamén outro facelo pode.
  • Onde cabe un carro cargado, ben cabe un home ao seu cabo.
  • Onde vai a máis, vaia o menos.
  • Onde vai o máis, que vaia o menos.
  • Os mozos para loitar e os vellos para aconsellar.
  • Por ande entra o carro, mellar entra o carreteiro.
  • Por ande salta a cabra, tamén salta a que a mama.
  • Quen fai un cesto, fai un cento, se lle dan vimbias e tempo.

Palabras vecinas

capa capa capacete capacidade capacímetro capacitación capacitar