capa
lat cappa ‘toucado da cabeza’
-
-
s
Peza de roupa longa e folgada que se ensancha progresivamente desde o pescozo ata máis abaixo dos xeonllos, aberta por diante e sen mangas, que se leva sobre as costas cubrindo a vestimenta.
-
capa augadoira
Capa confeccionada con tea impermeable para protexerse da chuvia.
-
capa consistorial/magna
Capa de maior tamaño ca a pluvial que empregan os arcebispos no coro para asistir aos oficios divinos e a outros actos capitulares.
-
capa de augas
Carapucho que servía antano para protexerse da chuvia, similar á coroza pero con menos pezas.
-
capa de coro
Capa que usan as dignidades, os cóengos e demais prebendados nas igrexas catedralicias e colexiais.
-
capa pluvial
estidura en forma de capa, xeralmente de seda e con carrapucha, que usa o celebrante nalgunhas cerimonias litúrxicas.
-
capa talar
Capa longa que chega ata os nocellos.
-
s
-
s
f
Substancia que se estende dunha maneira uniforme sobre algunha cousa.
-
-
s
Cada un dos diversos planos superpostos que constitúen un todo.
-
s
[FÍS ]
Nivel de enerxía que nun átomo pode atribuírse a un ou a distintos electróns corticais en función do seu número cuántico principal n.
-
s
[FÍS ]
Zona ou parte dun semicondutor cunhas características cristalinas determinadas que, en contacto con outras semellantes, permite obter os diferentes dispositivos electrónicos.
-
s
[XEOL ]
estrato.
-
capa dura
[XEOL ]
Horizonte duro dun solo.
-
capa límite
[FÍS ]
Capa delgada do fluído contigua á superficie dun corpo que se move dentro del ou do tubo por onde circula o fluído.
-
capa límite
[METEOR ]
Capa turbulenta de aire xerada polo seu desprazamento sobre a superficie ríxida e rugosa do globo terráqueo.
-
s
-
s
f
Aparencia para encubrir ou ocultar a realidade de algunha cousa ou a alguén.
-
s
f
Pedra do muíño en forma de roda que xira sobre outra fixa chamada pé.
-
s
f
Peza de pedra, normalmente de forma circular, cun diámetro dun metro aproximadamente, que vai colocada enriba dos pés do hórreo e que ten como función impedirlle o acceso á cámara aos roedores.
-
s
f
[MAR ]
Modo de navegación no que a embarcación está case parada.
-
s
f
[DER ]
Gratificación que os fretadores daban ao capitán dun barco para estimular o seu celo na execución do contrato.
Sinónimos
Confrontacións
capote, tabardoCitas
- A sociedade estamentaria medieval dividíase en distintas capas sociais segundo o poder económico
- Botoulle unha capa de chocolate ao flan para que soubese mellor
- Cubriu a parede con outra capa de pintura branca
- Debaixo desa capa de bondade esconde a peor das malicias
- Entraron no muíño e partiron a capa
- O profesor explicou as distintas capas da atmosfera, Antes de lle pór a capa de galletas á torta unta o fondo da forma con manteiga
- Os mozos da tuna levan unhas capas adornadas con moitas fitas de cores
Frases feitas
-
Andar de capa e bimba. Andar a pasar o tempo.
-
Capa do ceo. O propio ceo.
-
Capas do ollo. P
-
Ten capa de santo. O que hipocritamente aparenta ser boa persoa.