competencia

competencia

lat competentĭa ‘correspondencia, proporción’

Plural: competencias
  1. s f
    1. Rivalidade de intereses entre persoas que perseguen o mesmo obxectivo.

    2. Persoa ou grupo co que se compite.

  2. s f
    1. Capacidade ou facultade que ten unha persoa para coñecer e xulgar unha materia en profundidade.

    2. Dereito de decidir en virtude dunha autoridade legal ou dun recoñecido coñecemento da materia.

    3. Asunto sobre o que unha persoa ou entidade ten capacidade legal.

  3. s f

    Habilidade e capacidade para desenvolver un labor correctamente.

  4. s f [BIOL ]

    Estado dunha célula, especialmente bacteriana, capaz de transformarse xeneticamente deixando que penetre nela un fragmento de ADN.

  5. s f [ECOL ]

    Acción antagónica entre os organismos que ocupan un mesmo nicho ecolóxico pola posesión dos seus recursos alimentarios, de espazo ou de luz.

    1. s

      Rivalidade entre dous ou máis produtores ou comerciantes con vistas a controlar o mercado máis amplo posible.

    2. competencia desleal

      Actividade competitiva ilicita caracterizada pola utilización de técnicas ou procedementos contrarios ás leis e bos usos mercantís.

    3. réxime de libre competencia

      Réxime no que a creación de empresas privadas é libre e os poderes públicos interveñen só para garantir o libre xogo das leis económicas.

    1. s

      Capacidade legal para facer ou non algunha cousa.

    2. s

      Calidade que lexitima a un órgano xurisdicional para coñecer un determinado asunto con exclusión dos demais órganos xudiciais.

    3. competencia administrativa

      Conxunto de facultades atribuídas polo ordenamento xurídico aos entes públicos, que deben ser competentes funcional, xerárquica e territorialmente, para o cumprimento dos fins que lle son propios.

    1. s

      Capacidade lingüística que, segundo a gramática xenerativa transformacional, ten un falante ideal do modelo abstracto da súa lingua materna e que desenvolve na infancia.

    2. competencia comunicativa

      Capacidade de dominar as regras gramaticais, saber empregar os diferentes códigos dunha lingua en cada situación concreta e a súa interpretación no contexto no que se producen.

  6. s f [XEOL ]

    Posibilidade dun río ou corrente de auga de transportar materiais illados da medida máxima compatible coa velocidade.

Sinónimos

Confrontacións

capacidade

Citas

  • A súa competencia en cuestións de arte é discutible
  • A súa competencia no eido educativo está máis que demostrada
  • Co novo goberno moitas competencias foron transferidas á Xunta de Galicia
  • Iso é competencia do director, O encargado non ten competencia para expulsar a un traballador
  • No exame da oposición había unha gran competencia
  • Se non acadamos unha boa calidade darémoslle vantaxe á competencia

Refráns

  • Ben se alegra o lobo do que come o zorro.