canon

canon

lat canon gr κανών ‘regra, modelo’

Plural: canons
  1. s m
    1. Principio ou lei xeral que goberna o tratamento ou a aplicación dalgunha cousa.

    2. Conxunto de regras que establecen a relación equilibrada e harmónica das dimensións de algo conforme a un modelo ideal.

    3. [ARTE ]

      Conxunto de normas que regulan a proporción e a simetría en arquitectura e en escultura.

    4. [FILOS ]

      Principio a priori do uso recto de certas facultades do coñecemento na filosofía kantiana.

    5. [PSIC ]

      Norma ou regra á que obedece o proceso lóxico.

    1. s

      Relación dos santos canonizados pola Igrexa Católica.

    2. s

      Catálogo ou lista de libros que forman o patrimonio revelado, sagrado, oficial ou ortodoxo dunha relixión, e que constitúen a súa base doutrinal.

    3. canon bíblico

      Colección dos libros recoñecidos e aceptados como inspirados e que constitúen a lista oficial dos libros da Biblia.

  2. s m
    1. Catálogo ou lista.

    2. [LIT ]

      Lista de autores, obras e motivos que constitúe o repertorio tomado como referencia nunha determinada literatura.

    1. s

      Cada un dos artigos de que consta o Código de dereito canónico pertencente á Igrexa católica latina.

    2. s

      dereito canónico.

    3. canon dogmático

      Proposición doutrinal establecida por un concilio ecuménico cun contido moi preciso e tan importante que se impón baixo pena de excomuñón.

  3. s m [MÚS ]

    Composición a dúas ou máis voces onde cada unha repite, despois dun espazo de tempo prefixado, a mesma frase melódica.

  4. s m [RELIX ]

    Composición poética, propia do rito bizantino, consistente nun conxunto de nove grupos de estrofas, compostas dun εἰρμὀV e varios tropos.

  5. s m [RELIX ]

    Parte central da misa, na que o texto é unha pregaria eucarística na que a Igrexa dá grazas a Deus pola salvación.

  6. s m
    1. Pagamento periódico en metálico ou en especie como retribución do emprego dun ben alugado ou arrendado.

    2. Pagamento dun tributo por cantidade fixa periódica e non como consecuencia de aplicar unha porcentaxe na base liquidable.

  7. s m [GRÁF ]

    Tipo máis groso de imprenta, equivalente ao corpo de vinte e catro puntos.

Sinónimos

Confrontacións

ideal, modelo, prototipo

Citas

  • Non o admitiron por non seguir os canons establecidos
  • O canon escultórico grego caracterízase polo seu clasicismo

Formas incorrectas

cañón