norma
lat norma ‘escuadro’
-
Ex: A norma nestes casos é non dar propina Ex: Tes que asinar ao final do contrato, esa é a norma
-
s
f
Regra para a execución dalgunha cousa, á que se ha de suxeitar o seu comportamento.
-
s
f
[LING ]
Aspecto da linguaxe introducido por algúns lingüistas na clásica dicotomía lingua e fala de Saussure, que se corresponde con aquilo do sistema da lingua que se sente como común por todos os falantes.
-
s
f
[IND ]
Regra que fixa as dimensións, o deseño, a composición e outras características dun obxecto ou dun produto industrial, ou tamén pode fixar o proceso de elaboración.
-
s
f
[XEOL ]
Composición mineralóxica que podería ter unha rocha magmática se todos os equilibrios químicos se realizasen ao longo dunha cristalización moi lenta.
-
[MAT ]
Lonxitude dun vector, nos espazos vectoriais de dimensión 1, 2 ou 3. Se o vector está determinado polas súas compoñentes nun sistema de coordenadas ortonormais, a norma do vector v = (x 1 , x 2 , x 3 ) exprésase así:
-
Lei que impón tolerar que outros fagan algunha cousa.
-
Regra de conduta emanada de quen está lexitimado para ditala, garantida polo poder coercitivo do estado, que pode impoñer coactivamente o seu cumprimento e sancionar o incumprimento.
Citas
- A norma nestes casos é non dar propina
- Tes que asinar ao final do contrato, esa é a norma