modelo

modelo

ital modello

Plural: modelos
  1. s m

    Persoa ou cousa que é digna de ser imitada pola súa perfección.

    1. s

      Cousa que se toma como obxecto de imitación co fin de reproducila.

    2. s [ARTE ]

      Persoa que pousa diante dun artista, na actitude que este quere reproducir en pintura, escultura ou debuxo.

    3. s [ARTE ]

      Representación en cera, arxila ou algún outro material maleable dun obxecto destinado a ser reproducido en pedra, mármore, bronce ou madeira.

  2. s m

    Tipo dunha cousa destinada á súa produción en serie.

    1. s

      Representación simplificada da realidade, de forma icónica, analóxica ou simbólica.

    2. s [ARQUIT ]

      Maqueta feita a escala dun edificio, dun monumento ou dun detalle arquitectónico.

    3. s [ECON ]

      Modelo que se emprega na ciencia económica que ten como elementos fundamentais as variables, as constantes (que corresponden aos elementos medibles) e as relacións (que especifican o tipo de conexión entre os elementos indicados).

    4. s [FÍS ]

      Representación abstracta, por analoxía, dun fenómeno físico complicado ou pouco coñecido, de xeito que, ao comparalo con este modelo, máis simple e coñecido, permite darlle unha explicación matemática.

    5. s [MAT ]

      Teoría ou descrición matemática dun obxecto ou fenómeno real.

    6. s [TECNOL ]

      Representación de madeira, cera, xeso ou metal, para construír o molde dunha peza.

    7. modelo de calibre [TECNOL ]

      Tipo de modelo que serve para enmoldar pezas prismáticas ou de revolución.

    8. teoría de modelos [TECNOL ]

      Teoría e técnica de reprodución no laboratorio, do comportamento dun sistema físico que se emprega no estudo e no deseño de sistemas que presentan dificultades na súa experimentación a escala real.

  3. s m

    Peza de vestiario da alta costura.

  4. s

    Persoa que exhibe pezas de roupa ou complementos que os deseñadores queren dar a coñecer.

Citas

  • Deixoulle dúas cartas para que as empregase como modelo
  • O seu irmán é un modelo de cortesía