candea

candea

lat candēla candĕre ‘acender’

Plural: candeas
  1. s f

    Cilindro de cera ou parafina cunha mecha de algodón no seu interior, que forma unha chama luminosa ao ser acendida.

  2. s f [BOT ]

    Inflorescencia das plantas anemófilas, como a do carballo, a do castiñeiro ou a do millo, que presenta pequenas flores agrupadas e pendurantes.

  3. s f p ext

    Partícula colgante de xeo formada por unha pingueira.

Sinónimos

Confrontacións

cirio

Citas

  • A xeada da noite deixou candeas nos beirís dos tellados
  • Onte gozamos dunha cea romántica á luz das candeas
  • Para ir ao muíño alumabámonos cunha candea ou cun facho
  • Por abril o millo empeza a botar a candea

Formas incorrectas

vela (de cera)

Palabras veciñas

cancioneiro cancro canda candea candeal candear candeeiro