candeeiro

candeeiro

candea

Plural: candeeiros
  1. s m

    Utensilio que serve para levar ou manter dereita unha candea.

  2. s
    1. Extremidades posteriores das cabalarías.

    2. Pernas moi longas e delgadas.

Sinónimos

Confrontacións

araña, candelabro

Citas

  • A cea medieval foi servida á luz dos candeeiros
  • O cabalo deulle cos candeeiros e tirouno ao chan
  • ¡Quita eses candeeiros de enriba da cadeira que a emporcallas toda!

Frases feitas

  • Erguer/levantar os candeeiros. Apl

Palabras veciñas

candea candeal candear candeeiro candela candelabro candelo