carambelo

carambelo

voz prerrománica carambanellu

Plural: carambelos
  1. s m

    Capa de xeo que se forma nun líquido cando vai moito frío.

  2. s m

    Anaco de xeo de forma alongada e puntiaguda que se forma nalgún sitio pola acumulación de pingas de auga.

Sinónimos

Citas

  • Aínda que non chovía, das tellas do beiril caían pingas de auga porque se estaban a derreter os carambelos
  • As pozas que había polo camiño tiñan carambelo porque pola noite xeara