adxQue circunda un corpo ou que circula arredor de algo.
smAquilo que rodea unha cousa.
smConxunto de elementos que integran o campo de percepción visual.
ECOL
smConxunto de factores físicos, químicos e biolóxicos aos que está sometido un ser vivente.
smmedionatural.
ambiente extremoAmbiente que esixe, de calquera organismo que o tolere, unha estrutura morfolóxica ou un mecanismo bioquímico que non se atopa na maioría das especies.
smESPECTMedio material, intelectual e moral que sitúa a acción da obra segundo a súa ambientación.
smPSICConxunto de elementos que poden actuar sobre o individuo.