ambiente

< lat ambiente ‘que rodea’
Pliral: ambientes
  1. adx Que circunda un corpo ou que circula arredor de algo.
  2. s m Aquilo que rodea unha cousa.
  3. s m Conxunto de elementos que integran o campo de percepción visual.
  4. ECOL
    1. s m Conxunto de factores físicos, químicos e biolóxicos aos que está sometido un ser vivente.
    2. s m medio natural.
    3. ambiente extremo Ambiente que esixe, de calquera organismo que o tolere, unha estrutura morfolóxica ou un mecanismo bioquímico que non se atopa na maioría das especies.
  5. s m ESPECT Medio material, intelectual e moral que sitúa a acción da obra segundo a súa ambientación.
  6. s m PSIC Conxunto de elementos que poden actuar sobre o individuo.

Sinónimos

Citas

  • A fábrica de papel crea un mal ambiente na cidade
  • A temperatura ambiente deste local é moi agradable
  • Vive nun ambiente familiar prexudicial para a súa recuperación psicolóxica