ambigüidade

< lat ambiguitāte
Plural: ambigüidades
  1. s f Calidade de ambiguo.
  2. s f LING Calidade dunha forma de admitir diversas interpretacións, semánticas ou funcionais.
  3. s f Palabra ou expresión ambigua.
  4. XEN
    1. s f Fenómeno xenético en que un triplete de nucleótidos ou codón admite máis dunha tradución.
    2. ambigüidade de codificación Fenómeno xenético en que un codón codifica máis dun aminoácido.
    3. ambigüidade traducional Fenómeno xenético en que un codón determinado do RNAm se pode traducir de máis dunha maneira.
  5. grao de ambigüidade dun teorema Número de demostracións diferentes dun teorema.

Confrontacións

Citas

  • Erros e Tánatos, obra de Gonzalo Navaza, é un título que xoga coa ambigüidade das palabras