atmosfera estelarConxunto de capas exteriores da estrela.
atmosfera planetariaConxunto das capas gasosas externas dos planetas.
atmosfera terrestreCapa gasosa de forma sensiblemente esferoidal que envolve a Terra. Divídese en cinco rexións de diferente comportamento térmico: a troposfera, a estratosfera, a mesosfera, a termosfera e a exosfera.
sfAire que hai ao noso redor ou porción de aire contido nun local.
sf figEstado xeral das condicións e circunstancias dalgún sitio.
atmosfera viciadaProporción de osíxeno do aire dun recipiente que minguou sensiblemente, por efecto da respiración animal, dalgunha combustión ou de calquera outra emanación.
METROL
sfUnidade de presión, denominada tamén atmosfera normal ou física, igual a 101.325 N/m 2 .
atmosfera absoluta [ata]Expresión para indicar que as presións se miden en atmosferas a partir do cero de presión.
atmosfera estándar internacionalAtmosfera estándar definida pola ICAO, equivalente a 1.013,25 milibares ao nivel do mar, a unha temperatura de 15°.
atmosfera relativa [atm]Expresión para indicar que as presións están medidas en atmosferas, e que se considera a presión atmosférica do momento como cero de presión.
atmosfera técnica [at]Unidade de presión igual a un quilopondio por centímetro cadrado.
sfQUÍMGas ou mestura de gases presentes nunha cámara de reacción. Segundo a acción que exerce pode ser atmosferaoxidante ou redutora e se non provoca ningún efecto, denomínase atmosferainerte.
atmosfera controladaTECNOL
Medio gasoso, de características físico-químicas controladas, que enche o recinto pechado onde se realizan determinados procesos produtivos.
Procesos que se realizan neste medio.
Aparato que contén este medio.
atmosfera estándarAERONCalquera atmosfera definida hipoteticamente, atribuíndo ao aire propiedades físicas próximas aos medios reais.
Citas
Forno de atmosfera controlada
Hai unha atmosfera enrarecida na súa casa desde que morreu o seu avó