coller

< lat colligĕre ‘recoller, reunir’
  1. v t Poñer adecuadamente unha parte do corpo, xeralmente os dedos ou as man, para suxeitar ou soster unha determinada cousa.
  2. v t Apoderarse de algo alleo, sen permiso do dono, para usalo ou roubalo.
  3. v t Facer a colleita dos froitos da terra.
  4. v t
    1. Alcanzar a alguén ou algo.
    2. Alcanzar e apresar a alguén ou algunha cousa que se persegue.
    3. Capturar animais que están en liberdade.
    4. Alcanzar algo que se move a alguén e bater contra el.
  5. v t
    1. Atopar a alguén en certa forma.
    2. Sorprender a alguén nunha determinada actitude ou lugar.
  6. v t Pasar a ter algunha cousa material ou inmaterial.
  7. v t Recibir alguén algunha cousa do xeito que se indica.
  8. v t Incorporar a alguén a un traballo ou a unha actividade no momento que se indica.
  9. v t
    1. Comezar a sentir os efectos dalgunha cousa.
    2. Comezar a sentir algo por alguén ou por algo.
    3. Percibir unha determinada sensación.
  10. v t Espallarse unha cousa por un espazo ou por algo.
  11. v t Adquirir unha calidade ou algo do que se carecía.
  12. v t
    1. Chegar a entender algo.
    2. Recibir o sinal dalgún centro emisor.
    3. Aprender algo.
  13. v t Poñer por escrito algunha cousa que reproduce o que se está a oír.
  14. v t Optar por unha cousa entre varias.
  15. v t Exercitar un dereito.
  16. v t Usar un medio de transporte para desprazarse.
  17. v t Danar unha parte do corpo ao quedar aprisionada nunha cousa.
  18. v t Impregnarse algunha cousa doutra.
  19. v t Acurtar unha peza de roupa recollendo un pouco de tecido.
  20. v t Ir por unha dirección determinada.
  21. v i col Infectarse unha ferida ou unha lesión cutánea.
  22. v i Haber espazo suficiente para pasar ou para meter algunha cousa ou a alguén.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • A madeira está un pouco verde e non colle ben o verniz, A roupa colleu o cheiro do tabaco
  • A morte do seu pai colleuno de viaxe e tivo que volver de contado, O estalido da guerra colleuno de vacacións en Bueu
  • Axiña colleu as explicacións do novo proxecto, Colleu rapidamente cál era o sentido das súas palabras
  • Cando cheguei xa collín empezada a obra de teatro
  • Cando era neno colleume un castrón, Os peóns teñen que ter moito coidado para que non os colla ningún coche, A estada caeu e colleuna debaixo cando paseaba pola rúa
  • Cando hai treboada cóllense moi mal algunhas canles de televisión
  • Cando saíu á rúa colleuno o frío, Estivo moito tempo ao sol e colleu unha insolación
  • Case todos os nenos da clase colleron o sarampelo, Bebeu moito e colleu unha borracheira
  • Cóllelle unhas sardiñas á peixeira, ¿Colliches as entradas para o concerto?
  • Colléronnos no centro de investigación para desenvolver un proxecto, Colleron dous fontaneiros para completar o cadro de persoal
  • Colleu a baixa laboral por maternidade un pouco antes do parto
  • Colleu medo ao entrar só naquela casa tan escura, Colleulle aversión ao peixe cocido, Colleu moita rabia cando viu o que pasara, Collémoslle gusto á comida vexetariana
  • Colleu o camiño máis curto e aínda así nós chegamos antes, OBS: Tamén se emprega coa preposición por (Colle polo primeiro desvío da autovía)
  • Colleu o vaso e púxoo no vertedoiro, A pelota caeulle ao río e collérona con dous paos, Colle o cativo polos brazos para que comece a camiñar, Colleuno no colo para que se calmase, Colleu a pota pola asa para poñela enriba da mesa, Na fotografía aparecía collendo un paraugas
  • Colleu os dedos coa porta e botoulle xeo para a inchazón
  • Colleulle o gran e tivo que abrilo a cirurxiá
  • Colleulle un pouco ao vestido porque era longo de máis
  • Collín hora para as doce no xinecólogo, Colleu sitio na cola para comprar o billete
  • Collín o día de máis calor para ir ao cine, Collemos só a un dos cinco que se presentaron ás probas
  • Collino contento e non me berregou por chegar tarde, O profesor colleume distraído e non souben contestar a pregunta, A choiva colleunos sen roupa adecuada
  • Collino criticando ao meu irmán e ruborizouse, Os seus pais collérono fumando, O profesor colleume copiando no exame
  • Como non collamos as patacas vanse estragar
  • Despois de varias sesións de rehabilitación xa colleu confianza en si mesmo, O pan que tiña gardado colleu balor
  • En pouco tempo colleu os costumes da súa nova familia
  • Estiven pouco tempo con ela pero xa lle collín cariño
  • Estivo varias horas no peirao pero non colleu ningunha lura, Fixeron unha batida e colleron dous xabaríns
  • Non quero poñer esa saia porque lle collín manía, Collín o vicio de saír todos os días
  • O antropólogo collía notas de todo o que lle dicían, Non adoitaba coller apuntamentos en clase
  • O muro da casa colle parte do camiño, O cancro colleulle o pulmón dereito
  • Os cativos collen os xestos dos pais, En pouco tempo colleu os xiros do italiano
  • Os policías colleron os ladróns do banco, O gato colleu o rato despois de perseguilo por toda a cociña
  • Saíu tres horas antes ca el, pero ao final colleuno polo camiño da bouza
  • Se apuramos, collemos o autobús das cinco, Para ir a Venezuela colleron o avión
  • Sempre me colle os meus cigarros, Entráronlle na oficina e colléronlle todos os disquetes
  • Tivemos que desmontar o armario para baixalo porque non collía pola porta, No meu coche só collen cinco persoas, Xa non colle máis auga no vaso
  • Todo o equipo colleu ben a derrota na final, Colleu con indiferencia a boa nova
Verbo: coller
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

collo

colles

colle

collemos

colledes

collen

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

collía

collías

collía

colliamos

colliades

collían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

collín

colliches

colleu

collemos

collestes

colleron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

collera

colleras

collera

colleramos

collerades

colleran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

collerei

collerás

collerá

colleremos

colleredes

collerán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

collería

collerías

collería

colleriamos

colleriades

collerían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colla

collas

colla

collamos

collades

collan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

collese

colleses

collese

collesemos

collesedes

collesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coller

colleres

coller

collermos

collerdes

colleren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

colle

-

-

collede

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

coller

colleres

coller

collermos

collerdes

colleren

Xerundio

collendo

Participio

collido/colleito

collida/colleita

collidos/colleitos

collidas/colleitas