meter

< lat mittĕre
  1. v t Facer que unha persoa ou cousa entre no interior doutra ou se sitúe entre outras.
  2. v t Poñer a alguén nunha determinada situación.
  3. v t Facer que alguén ingrese nun centro ou nunha colectividade, ou se dedique a unha profesión ou oficio.
  4. v t Introducir certa cantidade de diñeiro nalgunha entidade bancaria.
  5. v t Facer que alguén comparta unha determinada ideoloxía.
  6. v t Colocar algo nun lugar.
  7. v t Facer que unha persoa reciba ou crea algo sen decatarse.
  8. v t Engadir unha cousa a outra.
  9. v t Facer máis estreita ou curta unha peza de roupa.
  10. v t Golpear algo ou alguén.
  11. v t Producir ou ocasionar no ánimo certo sentimento ou estado.
  12. v pron Situarse unha persoa ou unha cousa no interior doutra ou pasar a estar entre outras.
  13. v pron Incorporarse alguén a un centro, colectividade ou oficio.
  14. v pron Causar molestia ou desgusto.

Sinónimos

Citas

  • É mellor que metas o coche no garaxe, Meteu os cartos nun sobre
  • Foi a nai quen o meteu no estudo das teorías marxistas
  • Mete a pa na masa e remexe para facer cemento
  • Mételle medo ao irmán con historias de pantasmas
  • Meteron auga na xenebra
  • Metéronlle patacas vellas e cobráronllas coma novas
  • Meteu a irmá na asociación sen contar con ela, O pai meteuno de aprendiz de carpinteiro
  • Meteulle unha patada na canela
  • Meteuna nun compromiso ao pedirlle ese favor
  • Meteuse co vello e este denunciouno
  • Meteuse na casa pola porta que dá á eira para que non o viran
  • Meteuse nun equipo de baloncesto
  • Metín cincuenta euros nun pantalón e quédame curto, Xa che metín os cartos para o mes na túa conta
  • Metinme nunha rúa pola que non fora nunca
  • Non hai quen lle meta na cabeza que debe estudar
  • Non sei onde metín o lapis
  • Non te metas na miña vida
  • Raiou o coche ao metelo pola corredoira
  • Teño que lle meter ao pantalón polo menos cinco centímetros

Frases feitas

  • Meter a pata. Facer algo moi inoportuno.
  • Meter medo (algo). Causar asombro.
  • Meterse o Sol. Solpor.
  • Meter baza. Intervir nunha conversaci
  • Meter os cans na bouza/as cabras na horta. Provocar enfrontamento entre persoas.
  • Meter polos ollos. Presentar algo insistentemente a unha persoa para espertar o seu interese.
  • Meterse en camisas de once varas. Meterse en problemas.
  • Meterse en danzas. Meterse en asuntos de dif
  • Non saber onde meterse. Ficar avergo
Verbo: meter
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

meto

metes

mete

metemos

metedes

meten

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

metía

metías

metía

metiamos

metiades

metían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

metín

metiches

meteu

metemos

metestes

meteron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

metera

meteras

metera

meteramos

meterades

meteran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

meterei

meterás

meterá

meteremos

meteredes

meterán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

metería

meterías

metería

meteriamos

meteriades

meterían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

meta

metas

meta

metamos

metades

metan

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

metese

meteses

metese

metesemos

metesedes

metesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

meter

meteres

meter

metermos

meterdes

meteren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

mete

-

-

metede

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

meter

meteres

meter

metermos

meterdes

meteren

Xerundio

metendo

Participio

metido

metida

metidos

metidas