captar

< lat captāre
  1. v t Recoller ou conducir a auga desde onde emerxe para aproveitala.
  2. v t Atraer ou suscitar alguén ou algo unha determinada actitude de interese, afecto ou admiración nunha ou varias persoas.
  3. v t Recibir unha imaxe, un son, datos ou mensaxes por medio dos sentidos ou cun aparato determinado.
  4. v t Percibir algo inmaterial por medio da intelixencia.

Confrontacións

Citas

  • A exposición do mestre non captou a atención dos seus alumnos, A súa excepcional actuación captou a admiración de todo o público, Aquel gran salto acrobático captou o seu interese
  • Na súa última campaña a secta captou novos adeptos, Na recta final da campaña electoral non se captaron máis votos
  • O helicóptero de salvamento captou o aviso de auxilio do barco
  • Os espectadores non captaron o sentido total do espectáculo ao que estaban asistindo
  • Para facer o encoro captaron todas as augas da zona
Verbo: captar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

capto

captas

capta

captamos

captades

captan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

captaba

captabas

captaba

captabamos

captabades

captaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

captei

captaches

captou

captamos

captastes

captaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

captara

captaras

captara

captaramos

captarades

captaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

captarei

captarás

captará

captaremos

captaredes

captarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

captaría

captarías

captaría

captariamos

captariades

captarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

capte

captes

capte

captemos

captedes

capten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

captase

captases

captase

captasemos

captasedes

captasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

captar

captares

captar

captarmos

captardes

captaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

capta

-

-

captade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

captar

captares

captar

captarmos

captardes

captaren

Xerundio

captando

Participio

captado

captada

captados

captadas