baixar

< lat v *bassiāre bassu ‘baixo’
  1. v t Levar a alguén ou algunha cousa a un lugar que está máis baixo.
  2. v t Ir dun punto a outro situado nun nivel máis baixo.
  3. v t Facer que algunha cousa vaia de máis a menos.
  4. v t Estender un anaco de tecido para facer máis longa algunha peza de roupa.
  5. v t INFORM Copiar directamente nun ordenador un programa ou documento, conseguíndoo a través dunha rede como a Internet, do mesmo xeito que se se copiase desde un CD-ROM ou un disquete.
  6. v i Saír do interior dun vehículo ou deixar de estar sentado nel.
  7. v i Ir facéndose algunha cousa máis pequena ou máis escasa.

Citas

  • A masa do biscoito baixa se lle abres a porta ao forno mentres se está cocendo, Cada vez que me dás unha insatisfacción, baixan os meus ánimos
  • A ver se podes recollerme ese pano do chan que levei un golpe nas costas e non podo baixarme, Baixáronseche os calcetíns e vénseche os nocellos
  • Baixa un pouquiño a xerra, que así non verte, Non quero que baixes a cabeza cada vez que falo contigo
  • Baixa xa desa rocha que vas caer
  • Baixamos a corredoira ao trote
  • Baixamos a temperatura da calefacción porque era excesiva, Nas rebaixas sempre baixan os prezos das cousas
  • Baixou os libros do faiado
  • Baixou unha perna do pantalón máis cá outra
  • Caín ao baixar do autobús
  • Incomodouse sen motivo e aínda non quere baixarse a falar comigo
  • Nas vacacións baixaron ata as illas Canarias
  • O Madrid baixou dous postos na clasificación
  • Quixemos baixar ata a beira do río, pero había demasiados toxos

Frases feitas

  • Baixar a cabeza. Obedecer.
  • Baixar a(s) orella(s). Humillarse ou obedecer sen protestar.
  • Baixar os santos do ceo. Dise dunha persoa cando est
  • Baixarlle a crista/as orellas. Vexar a algu
  • En todas partes erguen e baixan. En todos os lugares acontecen as mesmas cousas.
  • Non baixar da burra. Insistir con obstinaci

Palabras veciñas

Verbo: baixar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixo

baixas

baixa

baixamos

baixades

baixan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixaba

baixabas

baixaba

baixabamos

baixabades

baixaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixei

baixaches

baixou

baixamos

baixastes

baixaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixara

baixaras

baixara

baixaramos

baixarades

baixaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixarei

baixarás

baixará

baixaremos

baixaredes

baixarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixaría

baixarías

baixaría

baixariamos

baixariades

baixarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixe

baixes

baixe

baixemos

baixedes

baixen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixase

baixases

baixase

baixasemos

baixasedes

baixasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixar

baixares

baixar

baixarmos

baixardes

baixaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

baixa

-

-

baixade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

baixar

baixares

baixar

baixarmos

baixardes

baixaren

Xerundio

baixando

Participio

baixado

baixada

baixados

baixadas