"respectivamente" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 30.

    1. Aparato simple de cálculo que consiste nun taboleiro provisto de arames paralelos, con bólas perforadas que permite facer todas as operacións aritméticas básicas.

    2. Libro que ensinaba a ciencia matemática e a calcular.

    3. Peza prismática de volume cuadrangular en forma de táboa que, sobre o equino, coroa o capitel e serve de asentamento á arquitrabe, ao tempo que protexe a decoración do capitel.

    4. Instrumento de cálculo que facilita as operacións aritméticas ao substituír as multiplicacións e divisións por adicións e subtraccións, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao sistema óptico central, estigmático para unha parella de puntos A, A’, situados sobre do eixe, que é tamén estigmático para a parella de puntos B, B’, infinitamente próximos, respectivamente, a A e A’ e situados en planos normais ao eixe en A e A’.

    2. Que presenta aplanósporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto aromático heterocíclico constituído por un anel bencénico en que un dos átomos de carbono se substitúe por un de nitróxeno e outro, como mínimo, por un de nitróxeno, osíxeno ou xofre.

    2. Denominación xenérica dos compostos producidos cando reaccionan dúas moléculas de aldehido ou de cetona cunha de hidrazina, que dan lugar, respectivamente, ás aldazinas e ás cetazinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero carnívoro, da familia dos cánidos, de aspecto, forma e pelame moi diversos segundo as razas, domesticado polo home.

      2. Can que ten a rabia.

      3. Can pequeno que non ten pelo no seu corpo.

      4. Can de xenealoxía incerta.

    1. Arte de pesca que consta dun aparello con forma de angazo que, a medida que se arrastra polo fondo do mar, vai apañando diversos tipos de mariscos que quedan depositados nunha rede que leva detrás.

      1. Moeda antiga que, segundo fose de cinco ou dez céntimos, recibía o nome de can pequeno ou can grande, respectivamente.

      2. Moeda de escaso valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Medida ou número de unidades polo que se determina un conxunto de cousas da mesma clase.

      2. Propiedade das cousas que fai que sexan medibles.

    1. Suma de diñeiro máis ou menos importante.

    2. Duración dun son consonántico ou vocálico, dun ditongo ou dunha sílaba.

    3. Extensión, en lóxica, dos termos dunha proposición e da proposición en si mesma.

    4. Calquera expresión aritmética, alxébrica ou analítica á que se lle atribúe un valor.

      1. Enerxía térmica que absorbe ou cede un corpo ao elevarse ou diminuír, respectivamente, a súa temperatura.

      2. Magnitude física proporcional ao número de entidades elementais que forman a materia do sistema considerado. A unidade SI de cantidade de materia é o mol.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da familia das cariofiláceas, especialmente do xénero Dianthus, que presenta flores grandes e pétalos de cores vistosas.

    2. Flor dalgunha destas especies.

    3. Adorno que se bordaba nas fitas dos sombreiros e que indicaba se unha muller era solteira ou casada, dependendo da súa colocación á dereita ou á esquerda, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que teñen os rudimentos seminais ou as sementes en posición central ou axial, no ovario ou no froito, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de denso.

      1. Magnitude óptica igual ao logaritmo decimal da inversa da transmitancia τ ou da reflectancia ρ dun medio, transmisor ou reflector respectivamente.

      2. Densidade óptica das zonas non expostas dun negativo ou dunha copia fotográfica.

      3. Medida da opacidade dunha emulsión fotográfica.

      1. Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo total.

      2. Número de individuos dun grupo definido presentes nunha unidade territorial determinada, que no caso das plantas, se relaciona coa distancia media entre individuos adxacentes.

      3. Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo habitable, que é a área ou o volume dispoñible.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que atravesa calquera cousa oblicuamente desde un extremo ata o outro.

    2. Aplícase a unha superficie que pasa por dúas arestas non adxacentes dun poliedro.

      1. Segmento dunha recta que une dous vértices dun polígono ou dun poliedro que non pertencen ao mesmo lado ou á mesma cara, respectivamente.

      2. Recta que corta outras paralelas pero non perpendicularmente a elas.

      3. Conxunto de elementos a ii dunha matriz cadrada A, que se caracterizan polo feito de ter un índice de fila igual ao de columna. 4

    3. Nervio que a cruza diagonalmente e que pasa pola clave, nunha bóveda de cruzaría.

    4. Disposición das cordas do piano en dous planos case paralelos, de xeito que as graves pasan en diagonal sobre as medias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ecuación que determina a variación da constante de equilibrio químico K en función da temperatura. Vén expresada por (∂[lnK]/∂T)p =∆H0/RT2, ∆H0 sendo a variación de entalpía na reacción en condicións normais, R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.

    2. Expresión formal da segunda lei de Newton, que presenta a forma F = ma.

    3. Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma



      A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1 e H2 as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.

    4. Ecuación para a evolución do Universo que pode derivarse da teoría de gravidade de Einstein e do suposto de que o Universo é homoxéneo (vese igual en cada punto) e isotrópico (vese igual en toda dirección).

    5. FÍS Ecuación mestra da termodinámica do non-equilibrio que describe procesos multidimensionais e continuos que son aleatorios e markovianos mediante un conxunto de variables macroscópicas q.

    6. Ecuación fundamental que relaciona a masa m dun corpo coa enerxía E equivalente a esta masa, segundo a ecuación E=mc2 , onde c é a velocidade da luz no baleiro.

    7. Ecuación diferencial non lineal de primeira orde, da forma y’+f(x)y=g(x)yn , onde n > 1 e f(x) e g(x) son funcións continuas. Redúcese a lineal polo cambio de variable u= y1-n.

    8. Unha das complexas ecuacións empregadas para describir os contornos dos campos gravitatorios e doutras forzas na dimensión espazo-tempo.

      1. Corrección ou cantidade que cómpre ter en conta ao relacionar a posición dun astro coa que tería, se posuíse un movemento uniforme.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO