ecuación
-
ecuación de Vant
[FÍS ]
Ecuación que determina a variación da constante de equilibrio químico K en función da temperatura. Vén expresada por (∂[lnK]/∂T)p =∆H0/RT2, ∆H0 sendo a variación de entalpía na reacción en condicións normais, R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.
-
ecuación de Newton
[FÍS ]
Expresión formal da segunda lei de Newton, que presenta a forma F = ma.
-
ecuación de Gibbs
[FÍS ]
Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma
A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1 e H2 as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema. -
ecuación de Friedmann
[ASTRON ]
Ecuación para a evolución do Universo que pode derivarse da teoría de gravidade de Einstein e do suposto de que o Universo é homoxéneo (vese igual en cada punto) e isotrópico (vese igual en toda dirección).
-
ecuación de Fokker
FÍS Ecuación mestra da termodinámica do non-equilibrio que describe procesos multidimensionais e continuos que son aleatorios e markovianos mediante un conxunto de variables macroscópicas q.
-
ecuación de Einstein
[FÍS ]
Ecuación fundamental que relaciona a masa m dun corpo coa enerxía E equivalente a esta masa, segundo a ecuación E=mc2 , onde c é a velocidade da luz no baleiro.
-
ecuación diferencial de Bernoulli
[MAT ]
Ecuación diferencial non lineal de primeira orde, da forma y’+f(x)y=g(x)yn , onde n > 1 e f(x) e g(x) son funcións continuas. Redúcese a lineal polo cambio de variable u= y1-n.
-
ecuación de campo
[FÍS ]
Unha das complexas ecuacións empregadas para describir os contornos dos campos gravitatorios e doutras forzas na dimensión espazo-tempo.
-
-
s
Corrección ou cantidade que cómpre ter en conta ao relacionar a posición dun astro coa que tería, se posuíse un movemento uniforme.
-
ecuación anual
Conxunto de perturbacións que se observan nalgúns elementos da órbita da Lúa e que se reproducen no período dun ano.
-
ecuación do centro
Diferenza entre a anomalía verdadeira do Sol e a súa anomalía media. A ecuación do centro é, xa que logo, a corrección que hai que facer na lonxitude λm do Sol ficticio para obter a lonxitude λ0 do centro do Sol verdadeiro. Se se suma a ecuación do centro co valor da redución, no ecuador, obtense a ecuación do tempo.
-
ecuación do tempo
Diferenza entre o tempo verdadeiro e o tempo medio. Esta ecuación varía ao longo do ano entre os dous valores máximos, que teñen lugar o 12 de febreiro (máximo valor positivo 14 m 23 s) e o 4 de novembro (mínimo valor negativo -16 m 22 s), e anúlase catro veces ao ano, o 16 de abril, o 14 de xuño, o 2 de setembro e o 26 de decembro.
-
ecuación persoal
Corrección que cómpre facer ás observacións ou medidas de precisión efectuadas por un observador e que son diferentes para distintos observadores.
-
s
-
-
s
Igualdade entre dúas expresións matemáticas que conteñen algunha variable. Os valores que resolven unha ecuación son as súas solucións ou raíces. A forma xeral da ecuación de grao n é a0+a1x+a2x2+...+a nxn=0. O grao do polinomio é o grao da ecuación, e a0, a1...an son os seus coeficientes.
-
ecuación diferencial
Ecuación funcional onde aparecen as derivadas da función incógnita.
-
ecuación integral
Ecuación funcional onde aparecen as integrais da función incógnita.
-
sistema de ecuacións
Conxunto de ecuacións que deben de ser resoltas por un mesmo conxunto de valores das variables.
-
s
-
s
f
[QUÍM ]
Representación, mediante símbolos químicos, dos cambios dos átomos e das moléculas dos elementos que interveñen nunha reacción química.
-
ecuación de Helmert
[FÍS ]
Relación que dá o valor da aceleración da gravidade g (en cm/s2) en función da latitude ø e da altitude H (en cm).
-
ecuación de Michaelis
[QUÍM ]
Ecuación fundamental da cinética encimática que relaciona a velocidade coa que se desenvolve unha reacción e a concentración do substrato sobre o que actúa un encima.