ábaco

ábaco

lat ăbăcu gr ἄ βαξ, -αχος ‘mesa’ hebr ’ābāq ‘pó’

Plural: ábacos
  1. s m [MAT ]

    Aparato simple de cálculo que consiste nun taboleiro provisto de arames paralelos, con bólas perforadas que permite facer todas as operacións aritméticas básicas.

  2. s m [MAT ]

    Libro que ensinaba a ciencia matemática e a calcular.

  3. s m [ARQUIT ]

    Peza prismática de volume cuadrangular en forma de táboa que, sobre o equino, coroa o capitel e serve de asentamento á arquitrabe, ao tempo que protexe a decoración do capitel.

  4. ábaco neperiano [MAT ]

    Instrumento de cálculo que facilita as operacións aritméticas ao substituír as multiplicacións e divisións por adicións e subtraccións, respectivamente.

Palabras veciñas

abacial abacioloxio abacista ábaco abada abade abadengo