densidade
lat densĭtāte
-
s
f
Calidade de denso.
-
-
s
Magnitude óptica igual ao logaritmo decimal da inversa da transmitancia τ ou da reflectancia ρ dun medio, transmisor ou reflector respectivamente.
-
densidade de fondo
Densidade óptica das zonas non expostas dun negativo ou dunha copia fotográfica.
-
densidade fotográfica
Medida da opacidade dunha emulsión fotográfica.
-
s
-
-
densidade absoluta/bruta
Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo total.
-
densidade de poboación
Número de individuos dun grupo definido presentes nunha unidade territorial determinada, que no caso das plantas, se relaciona coa distancia media entre individuos adxacentes.
-
densidade ecolóxica
Número de individuos ou biomasa dunha especie por unidade de espazo habitable, que é a área ou o volume dispoñible.
-
densidade absoluta/bruta
-
-
densidade cósmica
Razón entre a masa total contida no Universo e o seu volume.
-
densidade de fluxo
Potencia emitida por un obxecto, por unidade de superficie e por unidade de amplitude espectral, medida xeralmente en frecuencias.
-
densidade estelar
Número de estrelas por unidade de volume.
-
densidade cósmica
-
-
densidade de carga
Relación entre o peso dun explosivo expresado en quilogramos e a capacidade ou volume interior da cámara de explosión.
-
densidade de fogo
Número de impactos efectuados cunha arma de fogo por unidade de lonxitude ou de superficie. É a característica que permite xulgar mellor un tiro de fusil.
-
densidade de carga
-
densidade aparente
[XEOL ]
Densidade relativa dun solo respecto á auga.
-
densidade de poboación
[DEMOG ]
Concepto e indicador da xeografía da poboación que constitúe a correlación máis elemental entre a poboación e o espazo.
-
densidade de tráfico
[TRANSP ]
Número de vehículos que nun momento determinado circulan por unidade de lonxitude dunha calzada ou vía.
-
densidade potencial
[METEOR ]
Densidade que adquire unha masa de aire seco ao ser levada adiabaticamente e reversiblemente a unha determinada presión de referencia.
-
-
s
Cantidade de masa por unidade de volume, que ten a mesma relación respecto ao peso específico ca a masa respecto ao peso.
-
densidade de corrente/ corrente eléctrica [j]
Cociente entre a intensidade de corrente (I) que pasa por un condutor lineal e a área da sección transversal (S) do condutor; j=I/S.
-
densidade de carga eléctrica
Carga por unidade de superficie ou volume, nun punto do espazo no que hai unha distribución de cargas eléctricas.
-
densidade de enerxía [w]
Enerxía por unidade de volume presente nun espazo.
-
densidade relativa [d]
Cociente entre a densidade dunha substancia e a densidade dunha substancia de referencia, medidas ambas as dúas nunhas determinadas condicións.
-
s
Citas
- A densidade da néboa provocou un choque en cadea na autovía