"arqui" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 264.

      1. Principio ou lei xeral que goberna o tratamento ou a aplicación dalgunha cousa.

      2. Conxunto de regras que establecen a relación equilibrada e harmónica das dimensións de algo conforme a un modelo ideal.

      3. Conxunto de normas que regulan a proporción e a simetría en arquitectura e en escultura.

      4. Principio a priori do uso recto de certas facultades do coñecemento na filosofía kantiana.

      5. Norma ou regra á que obedece o proceso lóxico.

      1. Relación dos santos canonizados pola Igrexa Católica.

      2. Catálogo ou lista de libros que forman o patrimonio revelado, sagrado, oficial ou ortodoxo dunha relixión, e que constitúen a súa base doutrinal.

      3. Colección dos libros recoñecidos e aceptados como inspirados e que constitúen a lista oficial dos libros da Biblia.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento arquitectónico que coroa a parte superior dunha columna e que ten a finalidade de darlle unha maior base ao soporte da arquitrabe ou do arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro que reúne unha serie de documentos e copias de documentos relativos a un dominio civil ou eclesiástico, e que ten como función conservar e facilitar a consulta dos privilexios, títulos e dereitos dominicais dunha entidade xurídica ou dunha familia.

      1. Arquiveiro palatino que no Imperio Romano de Oriente tiña ao seu cargo a conservación dos documentos públicos.

      2. Funcionario civil ou eclesiático, que en Italia se encargaba da conservación dos documentos públicos e que actuaba tamén como notario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema compacto de cinta magnética para gravar ou con son pregravado, que consiste nunha caixa de plástico que contén dúas bobinas nas que vai repartida a cinta.

    2. Magnetófono de cintas de casete que, segundo os modelos, leva incorporada unha radio.

    3. Caixa de plástico que contén unha cinta para o rexistro de datos. Durante algún tempo empregáronse os casetes para facer copias de seguridade de arquivos informáticos ou simplemente como disquetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adorno arquitectónico, cadrado ou poligonal, que se pon nos teitos e nas bóvedas ou no interior dos arcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material plástico que, mesturado cun líquido, se volve adhesivo e capaz de unir fragmentos ou masas sólidas.

      1. Material en po, constituído fundamentalmente por compostos de calcio que, amasado con auga, da a pasta de cemento, que permite a adhesión adecuada de pedras e ladrillos.

      2. Formigón que se reforza con varas de ferro para que sexa máis resistente.

    2. Substancia sólida que se estabiliza entre as partículas dun solo.

    3. Materia mineral, precipitada quimicamente nos espazos intergranulares dunha rocha sedimentaria detrítica.

    4. Substancia que se emprega para a cementación dun metal.

    5. Substancia dura que recobre a dentina da raíz dos dentes.

    6. Pedra sen labrar ou partículas de mármore, segundo o tratado arquitectónico de Vitrubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos centrárquidos.

    2. Peixe da familia dos centrárquidos.

    3. Familia de peixes continentais da orde dos perciformes que se introduciron en Europa debido á pesca deportiva como a perca americana e a perca sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. certificar.

      1. Documento expedido por un funcionario público ou por unha persoa autorizada legalmente que dá fe dun feito, do contido dun documento ou das circunstancias que constan en arquivos, rexistros ou libros de actas.

      2. Documento expedido pola autoridade gobernativa que valora o comportamento social e político que se esixe para facer determinadas solicitudes ou para acceder a un cargo.

      3. Documento que acredita que unha embarcación se adapta ás características e dimensións da serie á que pertence.

      4. Documento que o empresario dá ao traballador no que consta a duración e o cargo do obreiro na empresa.

      5. Documento redactado por un médico nun impreso oficial que constata un feito de orde médica.

    2. Título de importe elevado, negociable a curto ou a medio prazo, cun rendemento marcado polo mercado monetario e que o emite unha entidade bancaria para financiar a súa tesouraría.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Alto funcionario ou ministro responsable, antigamente, do selo, do arquivo ou da correspondencia real ou papal.

      2. Título que recibe o ministro de Asuntos Exteriores nalgúns países sudamericanos.

    1. Funcionario da curia diocesana que se encarga de redactar e conservar as actas.

    2. Funcionario que nunha misión diplomática desempeña o cargo máis importante despois do xefe da misión.

    3. Cargo universitario, o máis alto da xerarquía académica, representante da autoridade papal ou rexia, sen carácter executivo.

    4. Funcionario responsable da administración nunha escribanía ou nunha corporación, que tiña ao seu cargo notarios e escribáns chancelaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nun pecho para abrilo ou pechalo.

      2. Chave que abre todos os pechos dun mesmo tipo de mecanismo.

    1. álvula que serve para abrir ou cerrar o paso dun líquido ou gas por un conduto. OBS: Tamén se denomina chave de paso.

    2. Peza dun circuíto eléctrico coa que se abre ou pecha o paso da corrente.

    3. Ferramenta que consiste nun mango ríxido acabado por un extremo ou polos dous, nunha forma que se axusta á cabeza dos parafusos ou das porcas para podelos apertar ou afrouxar.

    4. Signo ortográfico { } que serve para incluír conxuntos, reunir diversas subdivisións dunha materia ou dun concepto, diversas palabras ou liñas.

    5. Rama do coñecemento que cómpre coñecer e aprobar para poder pasar a outra.

    6. Aquilo que permite explicar algo ou resolvelo.

    7. Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, a chave, normalmente provista de aspas, que está fincada no chan a certa distancia.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO