casete

casete

fr cassette

Plural: casetes
  1. s f

    Sistema compacto de cinta magnética para gravar ou con son pregravado, que consiste nunha caixa de plástico que contén dúas bobinas nas que vai repartida a cinta.

  2. s m

    Magnetófono de cintas de casete que, segundo os modelos, leva incorporada unha radio.

  3. s m [INFORM ]

    Caixa de plástico que contén unha cinta para o rexistro de datos. Durante algún tempo empregáronse os casetes para facer copias de seguridade de arquivos informáticos ou simplemente como disquetes.

Sinónimos

Citas

  • Avarióuselle o casete e non houbo música na festa
  • Comprou as casetes do seu grupo de música favorito

Palabras veciñas

casería caserna caseta casete caseteiro -ra caseto casetón