cemento

cemento

lat caementu ‘pedra para construír’

Plural: cementos
  1. s m

    Material plástico que, mesturado cun líquido, se volve adhesivo e capaz de unir fragmentos ou masas sólidas.

    1. s

      Material en po, constituído fundamentalmente por compostos de calcio que, amasado con auga, da a pasta de cemento, que permite a adhesión adecuada de pedras e ladrillos.

    2. cemento armado

      Formigón que se reforza con varas de ferro para que sexa máis resistente.

  2. s m [XEOL ]

    Substancia sólida que se estabiliza entre as partículas dun solo.

  3. s m [XEOL ]

    Materia mineral, precipitada quimicamente nos espazos intergranulares dunha rocha sedimentaria detrítica.

  4. s m [TECNOL/IND ]

    Substancia que se emprega para a cementación dun metal.

  5. s m [ZOOL ]

    Substancia dura que recobre a dentina da raíz dos dentes.

  6. s m [ARQUIT ]

    Pedra sen labrar ou partículas de mármore, segundo o tratado arquitectónico de Vitrubio.

Citas

  • O dentista tivo que lle encher a moa con cemento para conservarlla